Os produtores en ecolóxico piden unha reunión co conselleiro ante a “incerteza” no cobro das axudas

A Asociación de Produtores e Produtoras de Ecolóxico (PROECOGAL) celebrará a súa asemblea ordinaria o vindeiro 10 de febreiro en Friol

Os produtores en ecolóxico piden unha reunión co conselleiro ante a “incerteza” no cobro das axudas

A Asociación de Produtores e Produtoras de Ecolóxico (PROECOGAL), solicita reunión urxente co actual conselleiro en funcións José González pola preocupación existente no sector ecolóxico ante “a gran incerteza” por non ter resoltas:

A resolución das axudas Agroambientais do 2.023. “Temos indicios dunha diminución na partida orzamentaria correspondente, lembramos que é de 9M€/anuais e tamén de que non se abra nova convocatoria para o 2024”, sinalan dende a asociación.

O recurso contencioso-administrativo presentado pola asociación ante o Tribunal Superior de Xustiza, ó respecto da exclusión dos produtores de ecolóxico no dereito a solicitar a liña por danos de fauna salvaxe.

O recurso contencioso-administrativo presentado por varios socios e socias de PROECOGAL polo que consideran “inxusta resolución das axudas agroambientais do 2.022”.

“As solicitudes de incorporación e plans de mellora do 2023, agravado pola apertura da convocatoria para as mesmas liñas para o 2024. Así, o prazo para presentar unha nova solicitude no 2024, vai decorrendo en prexuízo dos solicitantes do 23 que están na incerteza de se llas aprobaron ou non”, advirten.

Axudas da PAC sen cobrar polo que consideran “desmantelamento” do FOGGA

Así mesmo, dende PROECOGAL afirman que “existe un temor en todo o sector agrario e gandeiro polo xa constatado desmantelamento do FOGGA e a falla de persoal existente, que leva a retrasos nos pagos da PAC, anunciados a bombo e platillo xa en novembro polo conselleiro, e tan esperados polos produtores”. “Hai produtores -engaden- que se viron abocados a ter que solicitar, a estas alturas créditos ou anticipos de pago e que serán perxudicados fiscalmente, no 2024, no caso de percibir as dúas anualidades no mesmo exercicio fiscal”.

Asemblea da asociación o vindeiro 10 de febreiro en Friol

Por outra parte, o vindeiro sábado 10 de febreiro celebrarase asamblea ordinaria da Asociación de Produtores e Produtoras de Ecolóxico (PROECOGAL), na súa sede en Friol.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información