A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A D.O. Monterrei realiza sesións formativas para seleccionar o seu panel de catadores

Publicidade
A D.O. Monterrei realiza sesións formativas para seleccionar o seu panel de catadores

A sede do C.R.D.O. Monterrei acolleu este luns a primeira sesión formativa destinada a seleccionar o panel de catadores da denominación.

Durante a devandita sesión, un total de 24 catadores participaron en diferentes probas de análise sensorial, nas que se valorou a capacidade olfacto-gustativa dos mesmos. Ditas probas ten por obxectivo seleccionar a aqueles/as catadores/as que demostren ter maior sensibilidade para a avaliación posterior dos viños.

A realización destas sesións formativas realízanse para cumprir cos obxectivos da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC), no contexto de certificación de produto, onde os paneis de cata dos Consellos Reguladores deben cumprir os requisitos técnicos da norma UNE-NISO/IEC 17025:2005.

Actualmente a D.O. Monterrei xa se atopa acreditada segundo a norma UNE-NISO/IEC 17065, para a certificación dos seus viños.

Sobre a D.O Monterrei

A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. Confórmana 25 adegas do val de Monterrei, que abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oimbra e Castrelo do Val. Os viñedos desta D.O ocupan un total de 575 hectáreas de territorio nas que traballan 446 viticultores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información