Túnel do viño da D.O. Monterrei na Deputación de Lugo

Publicidade
Túnel do viño da D.O. Monterrei na Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo acolleu esta semana un túnel do viño da Denominación de Orixe Monterrei. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, deulle a benvida este pasado luns ás persoas participantes no túnel do viño da Denominación de Orixe de Monterrei, un evento que se celebrou na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos e que contou coa presenza de Luis Paadín, un referente no mundo da enoloxía en Galicia.

Rivera Capón subliñou que o apoio ao sector primario e, en concreto, á actividade vitivinícola é un dos compromisos prioritarios da Deputación. “O mundo do viño é fundamental para a economía, para o emprego, pero tamén para preservar a nosa identidade cultural, ademais de crear sinerxías para potenciar a hostalería e o turismo, polo que estamos sempre abertos a acoller iniciativas coma esta que visibilizan e que poñen en valor a súa calidade e potencial”, asegurou o Deputado.

Pablo Rivera lembrou que o pasado ano a propia Deputación de Lugo organizou precisamente un túnel do viño dedicado aos viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e da Indicación Xeográfica Protexida Terras do Navia, unha xornada “pioneira e única” porque foi a primeira vez que Luis Paadín e José Peñín Santos, dous referentes absolutos neste eido en Galicia e en España, ofreceron unha conferencia conxunta.

Na cita celebrada este martes, que se desenvolveu ao longo da tarde e que impulsou a propia Denominación de Orixe de Monterrei, participaron profesionais do sector da hostalería e da restauración, distribuidores, sumilleres, medios de comunicación e alumnado de escolas de hostalería.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información