Cursos sobre eficiencia económica e xestión do pasto nas ganderías de vacún leite

Publicidade
Cursos sobre eficiencia económica e xestión do pasto nas ganderías de vacún leite
Data inicio: 18/09/2020
Data fin: 21/09/2020
Lugar: Cooperativa Campo Capela, Lugar Calzados, España

A cooperativa Campo Capela, en A Capela (A Coruña) acollerá este venres día 18 e o vindeiro luns, 21 de setembro, dous cursos dirixidos a gandeiros de vacún de leite, organizados pola Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

No primeiro caso, trátase dunha acción formativa centrada na eficiencia das explotacións, que se desenvolverá o vindeiro venres, en horario de mañá e tarde. Terá 6 horas de duración e está previsto que participen nela un total de 10 gandeiros. O programa do curso pretende incidir na xestión económica e empresarial das actividades gandeiras e agrarias, coñecendo os principais parámetros económicos que se manexan.

Ademais de estudar estas cuestións, o programa do curso contempla a visita a dúas ganderías situadas nos concellos coruñeses de Ortigueira e de San Sadurniño. O obxectivo final da iniciativa é aumentar a eficiencia económica das granxas de vacún de leite.

No segundo caso, o curso terá lugar o vindeiro luns, día 21, e tamén contará cunha duración de 6 horas e está concibido para unha decena de participantes. Versará sobre a xestión do pastoreo de gando vacún, co fin de amosar dun xeito práctico como aplicar os distintos métodos e técnicas de pastoreo segundo o tipo de gandería. Tratarase tamén de analizar a rendibilidade da granxa, o benestar dos animais e o respecto ao medio ambiente, ademais de mellorar o prezo do leite ao poder acadar o certificado de leite de pastoreo.

Tamén neste caso inclúese a visita a dúas ganderías de vacún, unha de carne e outra de leite no propio municipio coruñés da Capela. En ambas granxas aplícanse técnicas de pastoreo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información