Cursos na Baña e en Oza Cesuras sobre o impacto no gando da contaminación eléctrica

A vindeira semana impartiranse nos concellos coruñeses de A Baña e Oza-Cesuras un curso sobre o impacto no gando da contaminación eléctrica, como liñas de alta tensión, muiños eólicos pero tamén robots de muxido e outros equipamentos.

A formación correrá a cargo do francés Luc Leroy, enxeñeiro electricista e consultor xeobiólogo.

Curso en Oza Cesuras:

CURSO CONTAMINACION ELECTROMAGNETICA GRANXAS 2

No caso de Oza-Cesuras o curso impartirase o mércores 5 de outubro no local social de Santaia de Probaos en horario de 10:00 a 18:30 horas. A inscrición é gratuíta enviando un email a oac.seca.betanzos@xunta.gal ou chamando ao 881 960207

Curso na Baña:

No caso da Baña, a formación impartirase ao día seguinte, xoves 6 de outubro, no local social de Cabanas, en horario de 11:00 a 18:30 horas.

Para inscribirse é preciso enviar un email a info@xangalicia.com ou chamar ao 620 806 414

CURSO CONTAMINACION ELECTROMAGNETICA GRANXAS 1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información