Curso para obter o Carnet Europeo de Motoserrista

O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, de Coristanco (A Coruña), impartirá este ano o curso para obter o “Certificado Europeo de Motoserrista” (ECC – European Chainsaw Certificate, en inglés).

En concreto, impartirá o Nivel ECC1: Mantemento da Motoserra e Técnicas de Tronzado Básico. Ten unha duración de 20 horas e impartirase do 22 ao 26 de febreiro en horario de 15:00 a 19:00 horas.

O número de prazas está limitado a 8, e haberá novas convocatorias para obter o Carnet Europeo de Motoserrista nos meses de abril, xuño, setembro e novembro de 2021.

O custo do curso é de 220€ (Socios da Asociación EFA Fonteboa: 205€)

Para inscribirse chamar ao 981 733 051 ou enviar un email a inscricion@efagalicia.org

CURSO MOTOSERRISTA EFA FONTEBOA

Máis información: Carnet de Motoserrista Europeo (ECC – European Chainsaw Certificate)

Contextualización:

EFESC (Consello Europeo de Capacidades Forestais e Ambientais) desenvolveu unha normativa de calificación común para os usuarios de motoserra en toda Europa. Os seus principais obxectivos son:

Reducir os accidentes, as mortes e tamén os costes económicos e persoais asociados relacionados con accidentes.
Mellorar e aumentar as capacidades e a eficacia do operador no posto de traballo.
Mellorar a mobilidade do operador e o emprego entre os países europeos
Mellorar e ampliar a prestación das normas existentes de formación e de avaliación profesional.
Fomentar e promover o aprendizaxe permanente e o desenvolvemento profesional continuo.

Normas europeas de motoserra:

Desde o ano 2008, tódalas normas da motoserra dos países participantes foron intervariadas e avaliadas. En colaboración con varios centros de formación, centros de avaliación, certificadores en toda Europa (Austria, Bélxica, Dinamarca, Alemania, Francia, os Países Baixos, España e o Reino Unido), preparáronse catro niveles de motoserra. Os niveles son probados e avaliados por un equipo internacional de instructores de motoserra e avaliadores.

Niveis de competencia:

Os catro niveis ECC son:

– Nivel ECC1: Mantemento da motoserra e técnicas de tronzado. Esta unidade está deseñada como un nivel introdutorio para os usuarios da motoserra (cuestións básicas de seguridade e saúde do operador, mantemento e inspección da rutina da motoserra, trocear madeira de pequenas dimensións de diámetro e o uso seguro das ferramentas de axuda ao levantar, apilar e manipular madeira).

– Nivel ECC2: Técnicas básicas da tala de árbores pequenas. Esta unidade é adecuada para operadores de base (tala de árbores pequenas e árbores inclinadas empregando unha serie de técnicas, derribo de árbores colgadas empregando ferramentas de man, a eliminación de ramas e troceado de tronos, apilado e manipulación de madeira de forma segura).

– Nivel ECC3: Técnicas avanzadas de tala de árbores. Esta unidade é adecuada para operadores máis experimentados (tala de árbores medianas e grandes empregando as técnicas máis avanzadas, o desrramado de árbores grandes e utilizando un equipo cabestrante axeitado, incluíndo métodos de desmontaxe).

– Nivel ECC4: Técnicas para árbores arrancadas polo vento e danados. Esta unidade é axeitada para operadores moi experimentados (técnicas para placas de raíz, cortando as árbores desarraigadas, tala de árbores severamente inclinados e parcialmente arrancados, tala de árbores con copas rotas).

¿Qué ofrece?

Aínda que o Certificado Europeo da Motoserra non é obrigatorio para os usuarios da motoserra nin para os profesionais do sector, ECC é complementario e súmase á calidade e seguridade. Son varias as razóns para adquirilo:

Transparencia das habilidades e competencias a través da descrición detallada da titulación requerida para cada nivel.

Mellora da mobilidade do operador e o emprego entre os países de Europa.

Un certificado único que acredita as habilidades do titular, independentemente do seu idioma e país.

Calidade e trazabilidade do titular do certificado con licencia a través dun rexistro no EFESC organización europea.

Rexistro como formadores-proveedores ou examen en ECC para loitar pola calidade e a seguridade.

Oferta formativa de curso ECC1:

Lugar: Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa (Coristanco, A Coruña).
Convocatorias: febreiro, abril, xuño e setembro do 2021.
Duración de 20 horas.
Limitado a 8 prazas.

Oferta formativa de curso ECC2:

Requisito: Ter cursado e superado o nivel de competencia ECC1.
Lugar: Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa (Coristanco, A Coruña).
Convocatorias: outubro e decembro do 2021.
Duración de 20 horas.
Limitado a 8 prazas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información