Curso gratuíto sobre certificacións de calidade e ambientais para o sector agroalimentario

A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) organiza o curso gratuíto “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais” , que busca promover as oportunidades que a economía social e a implantación destas certificacións supoñen para modernizar as explotacións agroalimentarias.

Consta de 3 unidades didácticas: Cooperativismo no sector primario, Certificacións de calidade (ISO, GLOBAL GAP, BRC/ IFS e certificacións de vacún de leite) e Certificacións ambientais (ISO, análises de ciclo de vida, pegada de carbono e pegada hídrica).

En total, ofrécense 70 horas de formación que poden ser cursadas online dende o 15 de outubro ata o 6 de novembro.

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2020 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Inscrición: 981 58 47 83 ou www.agaca.coop

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información