A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) organiza para o 18 de abril unha xornada online e gratuíta sobre oportunidades de negocio da cría de porco celta. Para inscribirse é necesario completar este formulario.
O 18 de abril terá lugar unha xornada online dedicada á crianza de porco celta, de 09:30 a 14:30 horas.
Contarase con relatorios de especialistas na cría e investigación desta raza autóctona galega, provenientes de cooperativas entidades asociativas e investigadoras galegas e tamén cun centro de investigacións de Estremadura, que falará do porco ibérico.
Programa previsto:
09:30 – Conexión e benvida a participantes.. Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA.
09:40 – Cría e alimentación nas explotacións de porco ibérico. Mercedes Izquierdo. Centro de Investigaciones Científicas y Tecnológicas de Extremadura – CICYTEX.
10:30 – Características e bondades da carne de porco celta. Lucio García. Xefe Investigación do Centro Tecnolóxico da Carne.
11:10 – A crianza do porco celta e os seus efectos sobre o chan e a biodiversidade. María Rosa Mosquera. Universidade de Santiago.
11:50 – Breve descanso.
12:00 – Explotación e proxectos actuais de porco celta en Galicia. Iván Rodríguez. Director técnico da Asociación de Criadores de la Raza Porcina Celta – ASOPORCEL.
12:50 – O modelo cooperativo para a cría e comercialización do porco celta. Isabel Costas. Presidenta Tres Fuciños, S. Coop. Galega.
13:40 – Experiencia do porco celta na Comunidade de Montes de O Carballo. José Manuel Iglesias. Presidente da Comunidade de Montes de O Carballo.
14:10 – Preguntas e comentarios. Participantes e relatores.
14:20 – Comentarios finais e clausura da xornada. Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA.
14:30 – Fin da xornada.l.
Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.