AGACA imparte un curso online sobre emprendemento no rural

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a actividade no marco da Rede Eusumo

AGACA imparte un curso online sobre emprendemento no rural busca definir aspectos xerais e elementos necesarios para levar a cabo un proxecto de emprendemento cooperativo no medio rural é un dos obxectivos do curso impartido por AGACA que comeza o 7 de maio e continúa o días 14, 21 e 28 de maio e 4 de xuño.

O programa do curso inclúe aspectos coma apoios e axudas públicas á hora de poñer en marcha un proxecto, como xerar ideas de emprendemento e realizalas con éxito, elaboración dun plan emprendedor e análise económico, comercial, persoal e financeiro da súa viabilidade, xunto con previsión de resultados, e mesmo presenta 12 sectores que poden constituír unha oportunidade de negocio.

Desenvólvese en horario de 09:30 a 14:30h, a través de aula virtual. A inscrición realízase en www.agaca.coop.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

MAIO 2024 PROGRAMA-EMPRENDEMENTO_page-0001

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información