A aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias e a empresa Chr. Hansen organizan un curso de formación teórico-práctico de elaboración de queixos de pasta branda.
A formación celebrarase nas instalacións do APLTA en Lugo e durará dous días: o día 27 de febreiro (parte teórica), e os días 28/29 de febreiro (parte práctica). O custo será de 200 euros e as inscricións poden realizarse no teléfono 982 821 405 ou no correo electrónico formacion@aplta.es
A parte teórica terá lugar o 27 de febreiro de 9.00 a 15.00 h e o programa será o seguinte:
-Presentación da xornada
-Tecnoloxía da elaboración dos queixos de pasta branda.
-Preparación do leite.
-Cultivos de maduración. Coagulación e tipos de coagulantes.
-Acidificación e desorado.
-Maduración e traballo en cámaras de afinado.
-Solución a posibles defectos de maduración.
-Mellora de produtividade e rendementos: aplicación de COAGUSENSTM
-Aplicación da análise de propiedades físicas e análise sensorial na valoración de pastas brandas.
Os relatores en está xornada teórica, serán:
-David Muñoz Romero (Technical Sales – Soft Cheese Specialist CHR HANSEN)
-José Manuel González Carrera (Technical Sales-Continental Cheese Specialist CHR HANSEN)
-Juan Ventura Trillo Novo (Responsable do laboratorio de propiedades físicas do APLTA)Mª Paz Fernández-Albalat Ruiz (Responsable do laboratorio de análise sensorial do APLTA)
A parte práctica desenvolverase na planta piloto do APLTA os días 28 ou 29 de febreiro (a asignación da xornada será realizada pola organización) e consistirá en tres elaboracións de queixos de pasta branda:
Queixo camembert tradicional
Queixo camembert estabilizado
Queixo crescenza
As elaboracións serán realizadas por:
-David Muñoz Romero (Technical Sales-Soft Cheese Specialist CHR HANSEN)
-José Manuel González Carrera (Technical Sales- Continental Cheese Specialist CHR HANSEN)
-Persoal técnico do APLTA