Curso de “Implantación da Certificación Forestal PEFC e procesos de auditorías en monte e industria”

Publicidade
Data inicio: 18/10/2019
Data fin: 19/10/2019
Lugar: Feuga. Fundación Empresa - Universidad Gallega, Santiago de Compostela, España

Os días 18 e 19 de outubro impartirase en Santiago de Compostela un curso de “Implantación da Certificación Forestal PEFC e procesos de auditorías en monte e industria”. A acción, de carácter gratuíto, terá lugar no edificio FEUGA, no Campus Vida, e está dirixida á industria forestal, enxeñeiros forestais e de montes, consultorías, estudantes,…

O curso permitirá obter unha formación na implantación da certificación forestal PEFC en Xestión Forestal Sustentable e en Cadea de Custodia, na mellora do procedemento de certificación da empresa ou en auditorías internas e externas, así como na correcta aplicación do Sistema de Dilixencia Debida, entre outras cuestións.

Impartirá o curso Arturo Sánchez Manzano, enxeñeiro técnico forestal, auditor  de cadea de custodia e xestión forestal sustentable e responsable  de certficación Forestal de CONTROL UNIÓN.

As prazas son limitadas. Para poder inscribirse é preciso enviar un correo a galicia@pefc.es ou chamando ao teléfono 981523 736

Velaquí o programa completo:

CURSO PEFC

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información