Convocatorias de mobilizacións na Coruña e Lugo

A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo e Agromuralla inician este xoves unha nova xeira de mobilizacións

Convocatorias de mobilizacións na Coruña e Lugo

Os tractores volven mañá ás rúas en Lugo e na Coruña. / Arquivo.

A nova fase de mobilizacións do sector lácteo arranca este xoves a primeira hora da mañá na Coruña, onde se agarda a chegada de tractores ó entorno do Carrefour a partir das 9 da mañá para bloquear a entrada de veículos á área comercial. O acto, programado pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, na que participan organizacións agrarias e cooperativas, comeza con carácter indefinido.

Con este bloqueo, que se podería extender nos próximos días a outras cadeas, o sector demanda o cumprimento dos acordos sectoriais asinados nos últimos meses por parte dos grupos de supermercados, tanto do acordo lácteo de setembro como do código de boas prácticas na contratación alimentaria, que parte das cadeas de distribución se negou a asinar hai un par de semanas. Os gandeiros aspiran a que haxa prezos e contratos sostibles para o leite ó longo de toda a cadea e consideran que esa mellora debe comezar de arriba cara abaixo, da gran distribución á industria, e da industria ó gandeiro.

Tamén mañá en Lugo a partir das 12 horas agárdase na Ronda da Muralla unha tractorada convocada por Agromuralla, a asociación formada polo grupo de gandeiros que encabezou a tractorada de setembro en Lugo. Agromuralla anuncia ademais para os próximos días actos na distribución e unha manifestación a pé en Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información