Convocatoria da Plataforma para a concentración ante Lactalis en Vilalba

Convocatoria da Plataforma para a concentración ante Lactalis en Vilalba

Protesta en decembro ante cadeas de distribución en Lalín. / Arquivo.

A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo convoca unha concentración para mañá venres a partir das 12 horas na planta de Lactalis en Vilalba. Os gandeiros reclámanlle á industria gala que a suba do leite acordada coa distribución en decembro chegue ás granxas.

Desde decembro, as cadeas de distribución que envasan parte das súas marcas brancas a través de Lactalis (Alcampo, Carrefour e Dia) están a pagarlle á empresa 2 céntimos máis por ese leite, coa idea de que esa suba repercuta nos gandeiros. Sen embargo, os produtores, que mantiveron unha recente reunión con Lactalis, non lograron que a industria concretase cando vai trasladar esa suba ás granxas nin en que cantidade. Lactalis sostén que vai repercutir os cartos sobre os gandeiros, pero non ofrece maiores aclaracións.

A concentración ante a planta de Vilalba comezará ás 12 horas e está previsto que os gandeiros decidan en asemblea o rumbo da mesma. Sobre a mesa, está a posibilidade de permanecer todo o día na planta de Vilalba, pois ante a Administración tramitouse esa opción.

De cara á próxima semana, a Plataforma ten previstas máis accións de boicot a Lactalis, incluindo actos nas cadeas de distribución sobre os produtos da empresa gala.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información