Convocadas as axudas para as gandarías e explotacións agrícolas con titularidade compartida entre home e muller

Publicidade

Administración convocante: Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

Enlace axuda: https://www.boe.es/boe/dias/2022/05/10/pdfs/BOE-B-2022-14658.pdf

Prazo: Ata 31/05/2022

Resumo:

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou hoxe no Boletín Oficial do Estado (BOE), un extracto da orde de convocatoria das subvencións destinadas a explotacións gandeiras e agrícolas en réxime de titularidade compartida para o exercicio 2022, por un importe de 1.500.000 euros.

Trátase de axudas de concesión directa, non suxeitas a concorrencia competitiva dos solicitantes, e cunha contía máxima anual de 1.500 euros por explotación beneficiaria.

Tal e como establecen as bases reguladoras destas subvencións, a finalidade é contribuír ao pago das cotas da Seguridade Social ás que os titulares das explotacións agrarias de titularidade compartida están obrigados.

Poderán optar a estas axudas as explotacións que se atopen inscritas en situación de alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Titularidade Compartida (RETICOM) cun mes de antelación á data de publicación do extracto da orde de convocatoria no BOE.

O prazo para presentar a documentación requirida na convocatoria iníciase mañá, 11 de maio, e prolongarase até o día 31 de maio inclusive, e poderase formalizar a través da sede electrónica do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

O texto completo da orde pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións. Así mesmo, pódese obter máis información sobre as características destas axudas na páxina web do ministerio na seguinte ligazón:  https://www.mapa.gob.es/es/desarrollo-rural/temas/igualdad_genero_y_des_sostenible/titularidad_compartida/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información