O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde mediante a que se convocan 750.000 euros nunha nova liña de axudas para financiar o labor que desenvolven as entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro en Galicia. Poderán beneficiarse destas axudas as entidades oficialmente recoñecidas pola comunidade autónoma e terceiros para a realización do control leiteiro. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir de mañá.
As actividades subvencionables para realizar polas entidades beneficiarias serán todas aquelas actuacións destinadas a comprobar sistematicamente as producións e outras aptitudes funcionais das femias reprodutoras leiteiras, para a determinación do valor xenético e os méritos ou outras capacidades dos animais.
Esta achega ten como finalidade compensar en parte os gastos xerados ás entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro en Galicia, en atención aos importantes beneficios que o sector no seu conxunto recibe pola implantación xeneralizada deste sistema.