Continúa a forte caída da manteiga e do leite en pó nos mercados internacionais

European Milk Market Observatory acaba de publicar o seu último informe sobre a situación dos mercados de produtos lácteos tanto a nivel europeo como internacional, no que se confirma a forte caída do leite en pó e da manteiga.

Estas son as tendencias que se observan dende este observatorio do sector lácteo, dependente da Comisión Europea:

-Os prezos medios dos produtos lácteos a pasada semana na UE foron os seguintes:

Manteiga: 496 €/100 kg, -9,3% nas últimas catro semanas
Leite desnatado en po (SMP) 257€/100 kg, -8,1% ,,
Leite enteiro en pó (WMP): 364 €/100 kg, -6,5% ,,
Queixo cheddar: 464€ /100 kg -0,5% ,,
O leite spot en Italia permanece estable nos 0,52 €/kg

PREZOS LEITE FEB 23 UE

-Nos principais países exportadores (Estados Unidos, Nova Zelandia e Australia) de lácteos tamén hai unha caída xeralizada nos prezos do leite en pó e da manteiga.

-Os prezos dos produtos lácteos na Unión Europea están por riba dos seus competidores, agás no leite en pó enteiro, onde é superior nos Estados Unidos. É previsible unha maior caída dos prezos na UE nos vindeiros meses para evitar que a súa industria láctea non perda cota de mercado.

PREZOS LACTEOS FEB 23 INTERNACIONAL

– O Global Dairy Trade, a subasta de lácteos organizada cada dúas semanas pola cooperativa neozelandesa Fonterra, pechou a súa última sesión cunha leve baixada das cotizacións.

PREZOS LACTEOS FEB 23FONTERRA

Descarga aquí o último informe do European Milk Market Observatory

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información