O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta última semana de decembro dos produtos lácteos. O prezo da manteiga segue á alza e e séguense recuperando as cotizacións do queixo e do leite en po.
En concreto, no territorio da UE as cotizacións da última semana de 2023 para os produtos lácteos son as seguintes:
-Manteiga: 546 €/100 kg, +0,5 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 264 €/100 kg, +0,7 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 369 €/100 kg, +0.4 % ,,
-Queixo cheddar: 348 € /100 kg +0,4%
Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia baixa ata os 0,51euros o litro.
En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal poxa internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, abriu o 2023 cunha suba no seu índice do 1,2 %. En concreto, o leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- revalorizouse un 2,5%. A cotización da manteiga experimentou unha suba dun 2,1 %, mentres que o prezo do queixo baixou un 2,4%, ao igual que o leite en po desnatado, neste caso nun 0,9 %.