O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar este xoves as cotizacións desta semana na UE, nas que continúa a tendencia á baixa das últimas semanas:
-Manteiga: 442 €/100 kg, -2,2 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 227 €/100 kg, -0,7 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 325 €/100 kg, -3,4% ,,
-Queixo cheddar: 357 € /100 kg -0,1%
En canto ao prezo do leite spot en Italia esta semana seguiu subindo e xa está nos 0,515 euros o kilo.En España neste momento o littro de leite spot rolda os 0,50 euros.
Prezo medio en xullo de 0,32 euros o litro en Estados Unidos e 0,29 en Nova Zelandia
En canto ao prezo medio do leite pagado ás ganderías a media en xullo na Unión Europea foi de 0,437 euros o litro, mentres que en Estados Unidos baixou a 0,32 euros e en Nova Zelandia quedou en 0,29 euros o litro.
Isto fixo que no mercado internacional os produtos lácteos da UE perdan competitividade. De feito, por prezo neste momento Nova Zelandia é máis competitiva en manteiga, leite en po e Estados Unidos en queixo.
En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal subasta internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu a súa poxa desta semana cun repunte dos prezo dos produtos lácteos do 2,7%. Así, houbo unha suba do 5,3% no leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- e o desnatado depreciouse un 1,6% respecto á última poxa. A cotización da manteiga subiu un 1,1%.