As Oficias Rurais de Lugo e Sarria-antigas Oficinas Agrarias Comarcais- teñen previsto levar a cabo as primeiras charlas sobre as cuestións da nova PAC que afectan á campaña 2023 en diferentes puntos da provincia de Lugo, entre o 21 de marzo e o 4 de abril. Do mesmo xeito, unha vez completadas prevese complementar estas actuacións con outras que terán lugar noutras localidades da zona centro de Lugo, e as cales “serán comunicadas con suficiente antelación”, informan desde o Servizo do Fogga en Lugo.
Día, hora e lugar de celebración:
Día 21 de marzo. 11.00 horas. Edificio Administrativo de Lugo.
Día 24 de marzo. 11.00 horas. Casa de la Cultura de Sarria.
Día 3 de abril. 11.30 horas. Dependencias do Concello de Triacastela.
Día 4 de abril. 11.00 horas. Escola Antiga do Concello de Paradela.
Serán impartidas polo Xefe do Servizo do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) en Lugo Jose Manuel Ferreiro Fente, en colaboración co persoal técnico das Oficinas Rurais, e servirán para achegar as novidades que afectan á declaración única da PAC.