Data inicio: 16/06/2023
Data fin: 16/06/2023
Lugar: Centro de formación y experimentación agroforestal de Sergude, Xunta de Galiza, Place of Sergude, Quián, España
O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude, situado no lugar de Quián, en Boqueixón (A Coruña), acolle mañá unha xornada de portas abertas. A sesión será en horario de tarde e comezará ás 16.00 horas.
Na xornada ofrecerase información sobre o ciclo medio modular para adultos de Produción Agroecolóxica. Ademais, a través dun percorrido guiado, os participantes poderán coñecer a riqueza en biodiversidade e recursos naturais que hai no espazo natural de Sergude, que conta con zonas de pasteiros, horta ecolóxica, froiteiras, así como gandería de vacún de leite, ovellas e cabras galegas, así como porco celta, cabalo pura raza galega e apicultura ecolóxica.
A inscrición pode facerse no teléfono 647 60 85 85, aínda que non é imprescindible anotarse.