O Ministerio de Agricultura acaba de publicar os importes unitarios provisionais das axudas asociadas á gandaría, correspondentes á campaña da PAC 2023.
O pago das axudas realízase en dous períodos: un anticipo do 16 de outubro ao 30 de novembro do ano de solicitude da axuda, e posteriormente efectúase o pago do saldo, entre o 1 de decembro ao 30 de xuño do ano natural seguinte ao de solicitude.
Para a campaña 2023, o pago do primeiro saldo a partir do 1 de decembro poderá alcanzar até o 90% do importe total da axuda.
Para as axudas ás que se poderá abonar o primeiro saldo a partir do 1 de decembro, as asignacións financeiras do mencionado anexo XXI para a campaña 2023 son:
– Axuda asociada para os gandeiros extensivos de vacún de carne: 186.610.000 euros
– Axuda asociada para a produción sustentable de leite de vaca: 122.000.000 euros
– Axuda asociada para os gandeiros extensivos e semiextensivos de ovino e caprino de carne: 131.620.000 euros
– Axuda asociada para a produción sustentable de leite de ovella e cabra: 44.680.000 euros
– Axuda asociada para os gandeiros extensivos e semiextensivos de ovino e caprino sen pastos á súa disposición e que pastorean superficies de rostroballos, barbeitos e restos hortofrutícolas: 20.000.000 euros
Os importes unitarios provisionais revisados para o pago do primeiro saldo quedan fixados en:
Con posterioridade, a partir da nova información que remitan as comunidades autónomas correspondente ao número total de animais subvencionables tras os controis para o cobro das axudas en abril do próximo ano, establecerase o importe unitario definitivo, co cal se poderá realizar o segundo pago do saldo das axudas ao 100%.