Camiño á revisión do estatus da protección do lobo na Unión Europea

A Comisión Europea acepta a recomendación feita polo Parlamento Europeo en novembro de 2022 e demandan datos sobre a situación real. Ao respecto, Unións Agrarias informará ao comisionado sobre a realidade do lobo en Galicia

Camiño á revisión do estatus da protección do lobo na Unión Europea

A Comisión Europea recadará datos sobre a situación real do lobo e Unións Agrarias enviará información do contexto galego. // Fonte: Imaxe de arquivo

A Comisión Europea dalle efecto á recomendación feita polo Parlamento Europeo en novembro de 2022, na cal se solicitaba a revisión do estatus da protección do lobo na UE, no que entendía un desequilibrio entre as actuais medidas proteccionistas, e os danos e riscos que a expansión do cánido estaba a crear no rural.

Mediante comunicado asinado pola Presidenta da Comisión Úrsula Van der Leyen a Comisión abre un prazo de consultas Bruxelas estuda cambiar as regras de protección do lobo na UE polo aumento de ataques ao gando, xa que pretende avaliar si a recuperación do lobo en numerosas rexións da UE supón un ‘perigo real’ para o gando e un ‘risco potencial’ para a poboación local e decidir así se é necesario revisar as normas comunitarias que regulan a protección deste depredador natural.

Para elo, a Comisión habilitou un correo electrónico de contacto, wolf-data-collection@ec.europa.eu ao que membros da comunidade científica, técnicos, organizacións agrarias e comunidades locais, poden enviar os seus informes cos datos e a súa visión da problemática da convivencia do lobo coa actividade gandeira e as poboacións rurais.

Unións Agrarias utilizará esta canle de comunicación coa Comisión, para expoñer o seu punto de vista sobre as peculiares condicións de Galicia, onde os censos oficiais rexistran a presencia dunhas 90 mandas de lobos, cun número de exemplares preto de 650, o que supón máis lobos en Galicia que en países da UE como Francia ou Portugal.

Asemade concorda coa Comisión en que “hai un ‘perigo real’ para o gando, en tanto en canto se declaran máis de 2.200 reses mortas ao ano en Galicia (declaradas nas solicitudes de axudas, o número real é, polo menos, un 30% superior), que supoñen máis do 50% da dieta do lobo, que polo tanto está a ser mantido cos recursos dos gandeiros galegos e as súas familias, ao igual que para outras actividades tradicionais como a cría de razas autóctonas de cabalo”, amplían desde a organización profesional.

Así mesmo, tamén reportará por escrito a necesidade de dotacións económicas para medidas preventivas, e de indemnización dos danos crecentes en Galicia -nun contexto de extensificación e manexo ecolóxico dos rabaños que os fai máis vulnerables- en cumprimento das propias directivas da PAC.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información