Acción reivindicativa do sector lácteo nunha gran superficie comercial

Unións Agrarias desenvolve un acto para visibilizar o diferencial de prezos entre Galicia e outras comunidades

UUAA_AsCancelas

Unións Agrarias desenvolveu esta mañá unha campaña de recollida de sinaturas no supermercado Carrefour do Centro Comercial As Cancelas, en Santiago de Compostela. O seu secretario xeral, Roberto García, expón que estes actos buscan informar aos consumidores da situación do sector lácteo. No caso concreto da recollida de sinaturas de hoxe, a demanda é que ningunha industria agroalimentaria que teña unha sanción por incumprimento da Lei da Cadea Alimentaria poida optar a subvencións públicas.

“Durante moito tempo, as cadeas de distribución e a utilización do leite como produto reclamo foron centros das nosas mobilizacións, concentracións e denuncias. E hoxe queremos resaltar o comportamento da distribución, que está sendo transparente e coherente cos acordos alcanzados na Lei”, afirma García. Polo contrario, sostén que a actitude da industria non é así.

O obxectivo da organización agraria é levar ao Parlamento unha regulación do lácteo en igualdade de condicións co resto de cidadáns. “No caso de Galicia queremos que se fixe nos presupostos que non se poidan beneficiar de axudas as empresas agrarias e industrias leiteiras que, ou ben incumpran a Ley de la Cadena Alimentaria ou ben establezan un agravio comparativo entre produtores galegos e doutras Comunidades”, asevera o secretario de UUAA.

García sostén que actualmente os gandeiros galegos cobran entre 5 e 6 céntimos menos que os de Asturias ou Castela León por un leite “de mellor calidade”, xa que segundo os laboratorios interprofesionais “a proteína e a graxa das ganderías galegas é superior á de outras comunidades”.

UUAA_Carrefour_Firmas_AsCancelas

Dende o organismo fan un chamamento á Xunta, que está previsto que esta tarde manteña unha reunión coas industrias lácteas para abordar a situación do sector.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información