As opinións e puntos de vista expresados só comprometen ao seu autor e non reflicten necesariamente os da Unión Europea. Nin a Unión Europea nin a autoridade outorgante poden ser considerados responsables deles.

Axudas por ecoesquemas ás que se poderán acoller viticultores e adegas a partir do 2023

As axudas máis vantaxosas para os vitcultores serían triturar os restos de poda na viña e as cubertas vexetais.

Publicidade
Axudas por ecoesquemas ás que se poderán acoller viticultores e adegas a partir do 2023

Cuberta vexetal en viñedo. Foto: Fertiprado

A partir do vindeiro ano os viticultores e adegas poderían recibir por primeira vez axudas agroambientais da Política Agraria Común por realizar práctìcas beneficiosas para o mèdioambiente, os chamados ecoesquemas. Até o de agora o sector do viño recibía axudas da PAC para reestruturación de viñedos, adquisición de maquinaria para a adega e comercialización.

Neste sentido, e tal como recolle o Ministerio de Agricultura no Plan Estratéxico da PAC para o período 2023-2027 o cultivo da vide, pero tamén o de froiterias como as plantacións de kiwi ou de maceiras, podería acollerse a tres dos 7 ecoesquemas propostos, tendo en conto que a normativa está en desenvolvemento. O viticultor podería solicitar na mesma superficie un máximo dun ecoréxime ou ecoesquema:

Práctica 5. Espazos de biodiversidade en cultivos permanentes

Consiste en deixar un 4% da superficie da viña como áreas e elementos non produtivos, incluíndo os elementos da paisaxe como sebes, lindes, illas de vexetación ou muros, entre outros.

Practica 6: Práctica de cubertas vexetais espontáneas ou sementadas en cultivos leñosos:

Cuberta vexetal (sementada ou espontánea), viva ou agostada, sobre o terreo durante todo o ano. A cuberta debe permanecer viva, ao menos, durante un período mínimo de 4 meses entre o 1 de outubro e o 1 de abril.

Dimensións mínimas da cuberta vexetal (> 40% de anchura libre da proxección de copa) os terreos con elevada pendente terán 1 metro máis de ancho de cuberta

Manexo da cuberta vexetal mediante sega mecánica ou roza. Deposítanse os restos sobre o terreo de forma que cubran o espazo inicial ocupado pola cuberta vexetal.

Non se poden aplicar produtos fitosanitarios, e por suposto tampouco herbicidas, sobre a cuberta vexetal

Práctica 7: Práctica de cubertas vexetais inertes en cultivos leñosos.

Triturar restos de poda das vides e depositalos sobre o terreo
Caderno de explotación: data na que se realizou a poda.
Dimensións mínimas da cuberta inerte de restos de poda (> 40% da anchura libre da proxección de copa).

Non se poden aplicar produtos fitosanitarios sobre a cuberta inerte de restos de poda salvo excepcións.

Importes das axudas:

-Práctica 5: 56,05 €/ha

-Prácticas 6-7:

Pendente baixa <5%: 71,63 €/ha primeiras 15 hectáreas e 50,14 €/ha para o resto Pendente media 5-10%: 124,59 €/ha primeiras 15 ha e 87,21 €/ha para o resto Pendente alta >10%: 175,86 €/ha primeiras 15 ha e 123,10 €/ha para o resto

Partindo da realidade da viticultura en Galicia, marcada polo minifundio, as prácticas máis vantaxosas serían triturar os restos de poda na viña e as cubertas vexetais.

Dende a Consellería do Medio Rural destacan que “seguimos a reclamar, como fixemos dende un principio, que se incrementen as primas previstas”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información