O Goberno aproba a ampliación até o 31 de maio do prazo para presentar a PAC

O Consello de Ministros aprobou hoxe un real decreto, a proposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que, entre outras medidas, recolle a ampliación da presentación da solicitude única da Política Agraria Común, até o 31 de maio.

En concreto, modifícase o Real Decreto 1048/2022, de 27 de decembro, para ampliar, até o 31 de maio, o prazo de presentación da solicitude única das axudas directas e das axudas por superficie e animais de desenvolvemento rural da Política Agraria Común (PAC) para o ano 2024. Inicialmente este prazo expiraba o 30 de abril. Tamén se amplía o prazo de modificación da solicitude única, que poderá realizarse até o 15 de xuño.

Esta ampliación de prazo ten como obxectivo garantir que todos os agricultores e gandeiros poidan presentar a súa solicitude da PAC do ano 2024 coa incorporación das medidas de flexibilidade de determinados aspectos da normativa comprometidas polo Goberno e que están actualmente tamén en proceso de tramitación. A expectativa por estes cambios motivou que o ritmo de presentación de solicitudes sexa máis lento do habitual.

Ademais de ampliar o prazo de presentación da solicitude, proponse a ampliación de prazo de modificación da solicitude única, que poderá realizarse até o 15 de xuño, cando a data inicialmente prevista é o 31 de maio.

A flexibilidade nos requisitos e condicións para o acceso ás axudas da PAC é unha das medidas incluídas entre o conxunto de 43 propostas do Goberno para mellorar a situación de agricultores e gandeiros.

Máis información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información