A axuda asociada ás explotacións de vacún de leite será finalmente de 132 euros por animal

O Ministerio de Agricultura acaba de publicar o importe definitivo das axudas asociadas da PAC ás explotacións de vacún de leite, correspondentes á campaña de 2022, e que se situará en 132,19 euros por animal, que ascenden a 159,24 euros para as granxas situadas en zonas de montaña ou nas illas.

O importe das axudas por animal en cada unha das dúas rexións -España peninsular e España insular e zonas de montaña- establecidas concédese por estratos, de modo que as primeiras 75 cabezas dunha explotación recibirán o importe unitario completo, mentres que as vacas distintas das 75 primeiras da explotación percibirán un 50% da axuda asociada.

Para a campaña 2022, o número de animais determinados que cumpren os requisitos establecidos para percibir a axuda ascenden a 556.318 respecto da rexión España peninsular e 218.034 en relación á rexión insular e zona de montaña, segundo se desagrega a continuación por comunidades autónomas e así como en cada tramo de degresividade (os primeiros 75 animais elixibles da explotación, dos seguintes animais elixiibles da explotación), o que supón que os importes unitarios definitivos queden fixados en 132,19 €/animal para as explotacións situadas na rexión España peninsular e en 159,24 €/animal para as explotacións situadas na rexión insular e zonas montaña.

Estes importes unitarios definitivos aplícanse, tanto aos pagos pendentes como aos pagos complementarios aos xa realizados co importe unitario provisional.

AXUDA ASOCIADA VACAS LEITE 2022 1

Advertir que, en virtude do establecido no artigo 59 do citado Real Decreto, o importe unitario dos distintos sub-réximes de axuda aos gandeiros descritos no Anexo II do Real Decreto 1075/2014 a percibir polos agricultores que non estean integrados no Réxime simplificado de Pequenos Agricultores, determinouse tendo en conta a dotación orzamentaria de cada unha deles, unha vez descontada a parte da dotación que se incorporou ao citado réxime simplificado en 2022, efectuándose por tanto o cálculo a partir dunha dotación 58.908.622,65 € para a rexión peninsular e 30.614.242,26 € para a rexión insular e montaña.

Axuda por Dereitos Especiais establecida en Sección 7ª do Capítulo II do Título IV do Real Decreto

Para a campaña 2022, o número de animais determinados que cumpren os requisitos establecidos para percibir a axuda ascenden a 11.978, segundo se debulla a continuación por comunidades autónomas, o que supón que o importe unitario definitivo quede fixado en 182,250793 €/animal. Do mesmo xeito que sucede na axuda citada anteriormente, este importe unitario definitivo aplícase, tanto aos pagos pendentes como aos pagos complementarios aos xa realizados co importe unitario provisional.

AXUDA ASOCIADA VACAS LEITE 2022 2

A partir deste momento, as comunidades autónomas poderán realizar o cálculo dos importes que corresponden a cada gandeiro e ordenar o pago destas axudas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información