Reunión para implantar un sistema de calidade turística no xeodestino Allariz-Maceda

O vindeiro luns, 19 de xuño, ás 19:00 horas, terá lugar na Sala do Fogar do Maior de Allariz unha xuntanza para a presentación do proxecto

Reunión para implantar un sistema de calidade turística no xeodestino Allariz-Maceda

Pastos en Allariz. / Arquivo.

O próximo luns, 19 de xuño, ás 19:00 horas terá lugar na Sala do Fogar do Maior de Allariz unha xuntanza para a implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino -SICTED- nos diferentes establecementos hostaleiros e turísticos do xeodestino Allariz-Maceda, o cal comprende os concellos de Allariz, Xunqueira de Ambía, Taboadela, Vilar de Santos, Vilar de Barrio, Maceda, Padernede Allariz e San Cibrao das Viñas. 

O selo SICTED é un distintivo de calidade promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co que se recoñecen os servizos prestados por parte dunha empresa e co que ademáis se accede a múltiples beneficios. 

Como participar? 

A participación no proxecto inclúe a asistencia a diferentes sesións formativas que se desenvolverán nos vindeiros meses, así como visitas individualizadas de consultores a cada empresa para o apoio na implantación de boas prácticas de calidade turística. A implantación do selo SICTED é completamente gratuíta. 

As persoas interesadas poden ampliar información e confirmar a súa asistencia á xuntanza do vindeiro luns no enderezo electrónico info@limia-arnoia.gal ou no número de teléfono 988 688 779. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información