“No GDR Terras de Compostela apostamos por un xeodestino fluvial para potenciar un turismo sustentable”

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Compostela actualiza a súa estratexia cara a potenciación do xeodestino e á dinamización do territorio. A súa xerente, Chefa Fernández, avanza os puntos axiais do seu traballo, desde o pasado ao futuro

“No GDR Terras de Compostela apostamos por un xeodestino fluvial para potenciar un turismo sustentable”

Imaxe da xerencia do GDR Terras de Compostela. // Fonte: elaboración propia

A promoción turística dos 10 concellos que abrangue o GDR Terras de Compostela é un dos puntos fortes na nova estratexia. A aposta por un xeodestino fluvial non só procura atraer xente, senón facer un modelo de turismo que coide do medioambiente e conserve os recursos da zona. En paralelo, as intencións de fomentar o tecido produtivo e a competitividade do territorio xogarán un papel importante entre as accións desta entidade. A continuación, a xerente deste GDR, Chefa Fernández, danos máis detalles:

Poderías facer unha pequena presentación tanto túa como do GDR?

Dende o ano 2000 estou vinculada a iniciativas e programas LEADER e dende o ano 2009, coordinando este Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Asociación Terras de Compostela, a cal se constitúe no ano 2008. É unha entidade colaboradora da AGADER na xestión da Medida Leader 2014-2020, e na actualidade está presidida por M. Guarina Rey Vazquez (Concello de Brión).

O ámbito de actuación do noso GDR comprende 10 concellos da comarca de Santiago de Compostela (Vedra, Boqueixón, Santiago, Teo, Ames e Brión), da comarca da Barcala (Negreira, Val do Dubra e A Baña), así como Santa Comba, da comarca do Xallas. 

No GDR participan como socios 9 dos 10 concellos do territorio e asociacións do ámbito do sector agrario (asociación e organizacións profesionais), forestal, medioambiental, entidades de economía social, asociacións veciñais, de empresarios, etc. O territorio no que actuamos ten unha superficie de 1105 km2 e unha poboación 86.922 habitantes (sen incluír a poboación de Santiago de Compostela nin a do Milladoiro e Bertamiráns).

Sodes os xestores do programa Leader no voso territorio. Cóntanos, a que tipo de proxectos se orientaron as axudas nos últimos anos?

No noso grupo, ao abeiro da medida Leader de Galicia 2014-2020, foron diversos os proxectos que se solicitaron e recibiron apoio económico neste período. 

En proxectos privados destacan a creación ampliación e modernización de pequenas empresas -venda de produtos do agro, oficinas de enxeñería, clínicas de fisioterapia, centros de coworking, etc.- medidas de aforro enerxético nas explotacións agrarias, creación de novas prazas de aloxamento turísitico e restauración, etc. O investimento total xustificado de estas iniciativas superou os 5 millóns de euros e a axuda pagada case os 2 millóns de euros. Un breve resumo dos proxectos privados

TÍTULO PROMOTOR
AMPLIACION E DESENVOLVEMENTO DUNHA PEME DE VENDA DE PRODUTOS PARA O AGRO AGROESPARIS COMERCIAL, S.L
MEDIDAS DE AFORRO ENERXÉTICO E USO DE ENERXÍAS RENOVABLES EN EXPLOTACIÓN DE LEITE DE A BAÑA- GUIMARANS XUANEIRO, SAT Nº 980 XUGA
ALBERGUE DE 1ª CATEGORIA EN GRANXA ESCOLA BERGANDO KARMADEN S.L
TURISMO ENOLOGICO EN BOQUEIXON (APARTAMENTOS TURISTICOS UNA LLAVE) ENOTURISMO MARIA MANUELA, S. L
PROXECTO DE APERTURA DUN NOVO CENTRO DE TRABALLO PARA OFICINA DE ENXEÑARÍA E COMEZO DAS NOVAS ACTIVIDADES DE COMERCIALIZACIÓN DE SEGUROS AGRARIOS NAS EXPLOTACIÓNS E ESPAZO COWORKING ALVARO NUÑEZ FERREIRO
CLINICA FISIOTERAPIA – FISIONICRA FISIONICRA, S.C.P.
AMPLIACION LAVANDERIA INDUSTRIAL HOSTELERIA SANTA COMBA, S.L.
APERTURA DE TENDA MULTIOPERADOR E MULTISERVICIO LA CENTRALITA DEL MOVIL, S.L.
HOSTAL GASTRONÓMICO- VILACHAN CON CATEGORÍA DE PENSIÓN TRES ESTRELAS E CAFÉ-BAR RESTAURANTE NICRAREA TAMARA, S.L.   (10 PLAZS + 38 pax)
CABAÑAS EL CAMINO AMAPEN NEW TOURISM, S.L. (RAFAELLA AMARO)  (18 PLAZS)
COMPLEXO TURÍSTICO RURAL SAN PEDRO DE DONAS GARCILVA, S.L.    (30 PLAZS)
INSTALACION DE TRATAMIENTO TERMICO DE CORTEZA DE PINO VISTA JARDIN, S.L.
COMEZO DUNHA NOVA ACTIVIDADE DE INTERMEDIACIÓN NO COMERCIO DE MATERIAS PRIMAS E OFICINAS DE COLABORACIÓN AGRARIA ALVARO NUÑEZ FERREIRO
SENSE: SALUD Y RENDIMIENTO DANIEL TOMÉ LAGE
MODERNIZACIÓN E AMPLIACIÓN EN PANADERIA BEMBIBRE Mª SOLEDAD LANDEIRA DUBRA
MANGOS DE MADERA JOSE MANUEL BELLO NEO
CONSTRUCCIÓN DUN EDIFICIO PARA AMPLIACIÓN E MODERNIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ASESORÍA E CREACIÓN DUN CENTRO COWORKING INTASEM ASESORIA, S.L
CLINICA DENTAL – NICRA DENTAL INFANTIL E ADULTOS NICRA DENTAL INFANTIL E ADULTOS, S.L
AMPLIACIÓN DE PROCESOS PRODUCTIVOS PARA LA FABRICACIÓN DE CERRAMIENTOS Y ARTÍCULOS DE CERRAJERíA ALUMINIOS ARANTON, S.L.
CAMPAMENTO DE TURISMO TEMÁTICO DE PERMACULTURA DE 1*  “O CASTRO DO RETIRO” O CASTRO DE TORRENTE DE ATRÁS, S.L.
DIVERSIFICACION DA EXPLOTACIÓN GANDEIRA CARA O AGROTURISMO GANADERÍA DO MOURO, S.C.G.
TENDA DE COMIDA PARA LEVAR. A COCIÑA DE LUCÍA LUCIA PENEDO GARCIA
MELLORA DE ACCESIBILIDADE E DE INSTALACIONS DE ATENCION AO CLIENTE MAIS EXPOSICION DE PRODUTO CONFECCIONES MAIMEN, S.L.
REVESTIMIENTO NAVE INDUSTRIAL CARPINTERIA METALICA GALANAS, S.L.

Por outra banda, nas iniciativas promovidos por entidades públicas, o investimento total xustificado de estas iniciativas superou o  millón de euros e a axuda pagada os 700.000 euros. O resume sería o seguinte:

TÍTULO PROMOTOR
CENTRO COWORKING-CONCELLO DE VEDRA CONCELLO DE VEDRA
AFORRO ENERXÉTICO E SISTEMA DE CONTROL EN ETAP DE PONTILLÓN E OUTROS CONCELLO DE BOQUEIXÓN
REHABILITACIÓN E ACONDICIONAMENTO DA ESCOLA UNITARIA DE SOLLÁNS PARA A SÚA CONVERSIÓN NUN ESPAZO DE TRABALLO COLABORATIVO CONCELLO DE TEO
SERVIZO DE FOGAR EN TRANSICIÓN CONCELLO DE AMES
ACCESIBILIDADE EDIFICACIÓN MULTIUSOS DE SAN VICENTE CONCELLO DE A BAÑA
REHABILITACIÓN E ACONDICIONAMENTO DO CENTRO SOCIOCULTURAL DO GOSENDE (ERMIDA) CONCELLO DE A BAÑA
MELLORA DO ENTORNO RECREATIVO E PATRIMONIAL DA ÁREA FLUVIAL DE A PONTE VELLA ( PONTE PEREIRA) NO RÍO ABUÍN CONCELLO DE SANTA COMBA
ACTUACIÓNS DE MELLORA NA ESCOLA/LOCAL SOCIAL A ILLA CONCELLO DE SANTA COMBA
ACTUACIÓN DE MELLORAS NA ESCOLA/LOCAL SOCIAL DE BARBEIRA (FONTECADA) CONCELLO DE SANTA COMBA
ESPAZO COWORKING PARA O PRIMEIRO SECTOR CONCELLO DE BRION
VIVENDA DE EMERXENCIA E URBANIZACIÓN DO ENTORNO EN PORTODEMOURO CONCELLO DE VAL DO DUBRA
REFORMA Y ADECUACIÓN PARA PUNTO DE INFORMACIÓN TURÍSTICA Y ETNOGRÁFICA DEL AYUNTAMIENTO DE NEGREIRA CONCELLO DE NEGREIRA

Tamén se axudaron dende o GDR iniciativas de asociacións sen ánimo de lucro e asociacións veciñais.

Que perspectivas tedes na convocatoria deste ano?

Estamos pechando o período de programación 2014-2020. Nesta última convocatoria 2023-2024, se presentaron proxectos cun importe de investimento que alcanzou os 2.950.923 €.

Pola parte que lle compete ao GDR xa os temos todos informados e agora estamos á espera do informe da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. De seguro que comprometemos todos os fondos, e si máis houbese, comprometeríamolos tamén.

Que papel ten a formación para o GDR?

Para o GDR Terras de Compostela a formación ten un peso moi importante. Considerámola como un eixo transversal a calquera das actuacións definidas na Estratexia de Desenvolvemento Local.

Neste novo período prevese que se centren en dúas modalidades:

  • Modalidade 1: Formación agraria e medioambiental. Os temas poderán ser de agricultura, gandería, silvicultura, desenvolvemento sostible, conservación do medioambiente, procesos industriais agroalimentarios, sanidade vexetal, sanidade e benestar animal, etc.
  • Modalidade 2: Formación rural non agraria. Formación dirixida a aspectos transversais respecto da modalidade 1, como TICs, turismo rural, SICTED, etc.. 

A formación entendémola como un instrumento clave para a promoción do desenvolvemento rural e polo tanto sempre vai dirixida á poboación activa. Polo tanto, preténdese fomentar a aprendizaxe permanente e a formación profesional nos sectores de referencia. Nós interpretamos que unha maior cualificación resultará nunha produtividade laboral, co obxecto de manter ou aumentar a competitividade do seus negocios.

Que é o destino fluvial?

A Lei 7/2011, de 27 de outubro, do Turismo de Galicia define os Xeodestinos turísticos como ‘as áreas ou espazos xeográficos limítrofes que comparten unha homoxeneidade territorial baseada nos seus recursos turísticos naturais, patrimoniais e culturais, con capacidade para xerar fluxos turísticos e que, xunto á súa poboación, conforman unha identidade turística diferenciada e singular’.

Dende o ano 2019, a Asociación Terras de Compostela é ente xestor do Xeodestino Terras de Santiago. Neste caso, trátase dun territorio de 823 km2 de superficie que conta cunha zona fondamente definida pola presenza de tres dos principais ríos de Galicia, tanto por caudal como pola súa riqueza faunística, florística, paisaxística e mesmo cultural: 

    • Ulla, que a delimita polo sur. 
    • O río Tambre, que suca a súa parte central. 
    • O curso alto do Xallas, que marca o seu límite setentrional.

No ano 2019 comezouse a traballar no destino xestionado pola entidade GDR Terras de Compostela co obxectivo xeral de crear unha estratexia de diferenciación para o destino, e en liña con este obxectivo xeral, deseñouse e configurouse un produto turístico fluvial, estruturado en base aos recursos naturais, neste caso os ríos.

Imaxe corporativa do Xeodestino fluvial. // Fonte GDR Terras de Compostela

Imaxe corporativa do Xeodestino fluvial. // Fonte GDR Terras de Compostela

“No GDR Terras de Compostela apostamos por un xeodestino fluvial para potenciar un turismo sustentable”

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Compostela actualiza a súa estratexia cara a dinamización do territorio e a potenciación do xeodestino. 

A promoción turística dos concellos que abrangue o Xeodestino Terras de Santiago é un dos puntos fortes na nova estratexia. A aposta por un xeodestino fluvial non só procura atraer xente, senón facer un modelo de turismo que coide do medioambiente e conserve os recursos da zona. En paralelo, as intencións de fomentar o tecido produtivo e a competitividade do territorio xogarán un papel importante entre as accións deste GDR. 

Que nos podes dicir dos Plans de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) do cal fóstedes beneficiarios?

En 2022 o GDR Terras de Compostela decide acudir á convocatoria extraordinaria dos PSTD co proxecto ‘Nova experiencia enogastronómica e incremento da cota de mercado do destino Terras de Santiago’ do cal fomos beneficiarios cunha asignación de 1.300.000,00€.

Entendemos que a orientación enogastronómica podía ser unha moi boa estratexia para o noso Destino. O enfoque non se basa na exaltación dun produto en concreto, senon en crear experiencias novas incluindo toda a impronta da tradición gastronómica na paisaxe e a actividade económica do destino. 

As liñas de traballo vanse centrar na potenciación de mercados gastronómicos, a través de  actuacións en diversos mercados gastronómicos para favorecer o seu uso turístico e polo tanto a relación entre vendedores e turistas. Para iso traballaranse novos formatos para o turismo gastronómico. 

A estratexia do novo período está enfocada a potenciar o turismo sustentable así como a xerar unha experiencia nas comarcas que abrangue o GDR?

Un dos fins da Asociación Terras de Compostela é o de fomentar o turismo como sector de actividade sostible nas áreas rurais como medio para aproveitar os recursos dos territorios locais.  

Neste senso, estanse desenvolvendo accións de creación dun programa de experiencias turísticas nos 10 concellos, con actividades de natureza e culturais que promovan o coñecemento dos visitantes desta oferta, á vez que dinamizan a actividade turística en tempada baixa.  A este programa denominámolo “Terras de Santiago: máis alá de Compostela”. A intención é que a xente descubra as Terras de Santiago a través dos seus sendeiros, a súa xente e o seu patrimonio.

Traballades en conxunto con outros GDR en Galicia?

O certo é que sí, dende o ano pasado estamos a traballar con cinco GDRs de Galicia (Asociación de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel, ASDECOMOR, Asociación de Desenvolvemento Local Deloa e a de Costa da Morte) nun proxecto de moito peso chamado ‘Paisaxes intelixentes’.

Os GDRs socios deste proxecto pretendemos levar a cabo procesos de planificación participada para xerar iniciativas piloto de paisaxes intelixentes nos núcleos rurais do territorio participantes. O proxecto incide directamente na posta en valor das terras agrarias nos núcleos rurais, tanto dende o punto de vista do uso conxunto das mesmas a través das diferentes figuras que se recollen na Lei de Recuperación da Terra Agraria de Galicia, como do seu aproveitamento dende o punto de vista agrario e/ou forestal. 

Cales son as vosas prioridades para este ano e o que ven?

Neste momento estamos cambiando de período de programación. Remata o período 2014-2020 e comeza o 2023-2027. Esto supón que o territorio, é dicir a sua xente, decida cara onde camiñar a través da elaboración da Estratexia de Desenvolvento Rural.

Estamos polo tanto nun momento inspiracional, ilusionante, con capacidad de poder cambiar as cousas porque o territorio non é estático, está en continuo movemento e por eso se necesita a estratexia, para atender ás necesidades sociais, medioambientais, e do propio mercado.

Por iso, entre as liñas estratéxicas e propostas de actuación para o novo período estarán claves como a mellora da competitividade e o desenvolvemento do tecido produtivo, ou a conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural, así como actuacións de animación e dinamización territorial que promove o propio GDR, que irán encamiñadas á valorización de produtos locais, e en xeral, á promoción de recursos do territorio, ou á dinamización do sector turístico cara o distintivo de calidade turística SICTED, entre outras.

15 aniversario do GDR Terras de Compostela co recoñecemento á súa labor

O pasado venres 6 de outubro tivo lugar o 15 aniversario do Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela, que tivo lugar no Pazo de Vista Alegre de Vedra. Ao longo da xornada organizouse un evento con varias actividades para celebrar o aniversario da asociación. A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé clausurou o acto e destacou o labor que desempeñan este tipo de entidades no rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información