A Aula de Produtos Lácteos imparte un curso sobre elaboración de iogur e leites fermentados

A Aula de Produtos Lácteos imparte un curso sobre elaboración de iogur e leites fermentados

A Aula de Produtos Lácteos (APLTA) da Universidade de Santiago de Compostela imparte do 25 ao 30 de novembro un curso sobre elaboración de yogur e leites fermentados. Debido á situación derivada do COVID, a acción formativa celebrarase en modalidade de teleformación.

Con esta acción formativa búscase mostrarlles aos participantes os diferentes tipos de leites fermentados que existen e ensinarlles cales son as técnicas de elaboración do iogur para que poidan avaliar dunha maneira sinxela a viabilidade de adaptar as súas instalacións para fabricar este tipo de produto. Ademais, traballarase os diferentes factores de calidade do iogur para poder optimizar as características do produto final e estudaranse os accidentes de fabricación e as súas manifestacións para poder evitalos.

Programa:

O programa componse dos seguintes bloques temáticos:

1. Introdución aos leites fermentados.

2. Tipos de leites fermentados:
Leites fermentados con bacterias lácticas e fermentos: quefir e kumis.
Leites fermentados con bacterias lácticas mesófilas: mazada fermentada.
Leites fermentados con bacterias lácticas termófilas: iogur, skyr.
Produtctos lácteos probióticos.

3. Valor nutritivo do iogur.

4. Tecnoloxía de fabricación do iogur:
Pretratamentos do leite.
Estandarización do leite.
Adición de aditivos e doutros ingredientes.
Desaireación.
Homoxeneización e pasteurización.
Arrefriado do leite.
Inoculación de cultivos.
Obtención do iogur.

5. Accidentes de fabricación
Accidentes químicos.
Accidentes microbiológicos.
Accidentes tecnolóxicos.
Manifestación dos accidentes máis frecuentes.

Na plataforma de teleformación do APLTA as persoas inscritas poderán acceder a contidos de carácter teórico e práctico en diferentes formatos.

Luís Aldeanueva, técnico superior de investigación da aula, guiará a aprendizaxe a través dunha sesión visual explicativa que se complementará con contidos en formato texto. A parte práctica desenvolverase en formato visual a través de varios vídeos onde se mostrarán os procesos de estandarización do leite de partida mediante a adición de sólidos, a pesada de ingredientes e mestura, o tratamento térmico, o envasado e a fermentación.

En cada un dos 5 bloques que conforman a formación, habilitaría un foro de participación no que poderán interactuar os participantes e onde Luís Aldeanueva poderá resolver dúbidas ou ofrecer aclaracións sobre calquera aspecto que se pregunte. Ademais, en cada bloque os participantes poderán avaliar a súa adquisición de contidos realizando cuestionarios de corrección automática (non avaliables).

Inscrición

Aínda que a acción formativa e as tutorías a través dos foros durarán 5 días, as persoas inscritas poderán acceder a todos os contidos até o 15 de decembro.

Poderán participar ata 25 persoas. Para inscribirse descargar a solicidude nesta ligazón e enviala a formacion@aplta.es Ante calquera dúbida, pódese contactar con Rebeca Carballo, responsable de formación do APLTA, no 647 344 098.

Os destinatarios principais desta formación son agricultores que busquen unha orientación comercial nas súas producións, aínda que tamén está pensado para traballadores de explotacións agrarias, de empresas de servizos agrarios ou da industria transformadora; persoas con expectativas de incorporarse ao sector primario ou industria transformadora, e para alumnos de calquera estudo vinculado coa tecnoloxía e procesado de alimentos, nutricion, innovación etc.

MÁIS INFORMACIÓN: 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información