Aberta a inscrición nas xornadas técnicas da Aula de Produtos Lácteos sobre ingredientes e aditivos na industria alimentaria

As persoas interesadas en participar no foro que se desenvolverá os días 8 e 9 de xuño no auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC poden formalizar xa a súa matrícula a través do formulario habilitado en liña

Aberta a inscrición nas xornadas técnicas da Aula de Produtos Lácteos sobre ingredientes e aditivos na industria alimentaria

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus Terra da USC celebra os días 8 e 9 de xuño no auditorio da Facultade de Veterinaria a terceira edición das xornadas técnicas sobre ingredientes e aditivos na industria láctea e alimentaria, un foro para o que xa está aberta a inscrición a través dun formulario habilitado en liña.

As xornadas, que pretenden servir de nexo de conexión entre proveedores e industria, a fin de que todos os participantes poidan poñer en común as principais novidades no ámbito dos aditivos e ingredientes empregados na industria alimentaria, estarán estruturadas en relatorios e sesións divulgativas.

O programa deste foro, que se prolongará durante día e medio, inclúe unha ducia de relatorios técnicos e divulgativos, que serán impartidos por representantes de destacadas empresas cuxa actividade resulta clave para o sector. Alén destas sesións expositivas, o programa contempla unha mesa redonda sobre desenvolvemento e innovación de novos produtos desde a estratexia empresarial, así como unha visita guiada ás instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias do Campus Terra da USC.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información