Xornadas en Lugo sobre ingredientes e aditivos para a industria láctea alimentaria

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus Terra da USC celebra este xoves e venres, no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo, a terceira edición das xornadas técnicas sobre ingredientes e aditivos na industria láctea e alimentaria.

O delegado do reitor da USC para Transferencia do Coñecemento, Luís Otero González, abrirá este xoves, ás 9.00 horas, as xornadas, no marco dunha sesión de benvida na que tamén intervirán o deputado provincial delegado da área de Recursos Sostibles, Roberto Fernández; a xefa territorial da Consellería de Medio Rural en Lugo, Olga Iglesias, e o concelleiro delegado da área de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo, Mauricio Repetto.

As xornadas, que pretenden servir de nexo de conexión entre proveedores e industria, a fin de que todos os participantes poidan poñer en común as principais novidades no ámbito dos aditivos e ingredientes empregados na industria alimentaria, estarán estruturadas en relatorios e sesións divulgativas.

XORNADA APLA INDUSTRIA LACTEA 23 2 XORNADA APLA INDUSTRIA LACTEA 23 1

O

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información