Adegas de Rías Baixas sacan máis 136.500 botellas de espumoso de calidade

19 empresas desta denominación fan unha aposta por esta variedade e comercializan 32 marcas

Publicidade
Adegas de Rías Baixas sacan máis 136.500 botellas de espumoso de calidade

A gama Rías Baixas – Espumoso de Calidade mostra a súa mellor cara en Nadal, cunha produción de 136.666 botellas neste ano. Na actualidade son 19 adegas, con 32 marcas, as que elaboran este tipo de viño, que se comezou a producir na Denominación de Orixe Rías Baixas en 2012.

Esta denominación fixo unha aposta por este produto, que cada vez é máis coñecido e apreciado polo consumidor, e cualifica 102.500 litros como Espumoso de Calidade, na súa maioría branco. No ano 2009 o regulamento do Consello Regulador acolleu este produto, de acordo coa normativa europea, que distingue entre Espumoso e Espumoso de Calidade. Como engade o director técnico, Agustín Lago, “aínda que é unha elaboración que cada vez é máis coñecida e se consome todo o ano, hai que ter en conta que a finais de novembro e decembro é cando máis se intensifica a súa cualificación”.

A normativa aplicada ás Rías Baixas Espumoso de Calidade admite variedades, tanto brancas como tintas, desta denominación e distingue diversos tipos segundo o nivel de azucre. Estes son: Brut Nature (sen azucre engadido), Extra Brut, Extra Seco, Seco, Semiseco e Doce (que leva maior cantidade de azucre).

Todos os Rías Baixas Espumoso de Calidade seguen o método tradicional do champenoise para a súa elaboración.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información