A Xunta prorroga o prazo para solicitar as axudas de investimentos nas explotacións

A Xunta prorroga o prazo para solicitar as axudas de investimentos nas explotacións

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha orde pola que se prorroga ata o 2 de abril o prazo de presentación das solicitudes previsto na Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se convocan para o ano 2016 as axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014_2020.

O prazo para presentar as solicitudes remataba o 18 de marzo, pero “ante a petición de diferentes colectivos da necesidade de prolongar o dito prazo”, a Consellería do Medio Rural decidiu prorrogalo ata o día 2 de abril. Incluído.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información