A aldea modelo de Fisteus, en Quiroga, lista para poñer en marcha unha gandería de porcino en extensivo

Remataron os traballos de acondicionamento para a actividade agrogandeira nestas parcelas localizadas en Quiroga, incluíndo desde o peche perimetral ata a instalación de bebedoiros e comedoiros

A aldea modelo de Fisteus, en Quiroga, lista para poñer en marcha unha gandería de porcino en extensivo

Imaxes das últimas accións levadas a cabo na aldea modelo de Bustelo de Fisteus. / Fonte Xunta de Galicia

A Consellería do Medio Rural rematou os traballos de acondicionamento deseñados para desenvolver a actividade agrogandeira na aldea modelo de Bustelo de Fisteus, no concello lucense de Quiroga. Esta aldea, na que se prevé instaurar unha explotación de gando porcino en extensivo, abrangue unha superficie de 14,15 hectáreas distribuídas en 269 parcelas de 38 titulares catastrais.

Neste sentido, traballouse na zona para realizar unha serie de actuacións para poñer a punto os terreos. Construíuse un peche para delimitar o perímetro da aldea modelo e instaláronse comedeiros, bebedoiros e unha manga de curral, ademais doutras instalacións auxiliares como un pastor eléctrico solar recargable. O investimento para levar a cabo estes traballos foi de algo máis de 157.000 euros.

Ademais, tamén se instalaron dous dormitorios para os futuros animais, con madeira de piñeiro, baixo o obxectivo “de minimizar ao máximo posible o impacto que poden ter este tipo de estruturas no entorno e a paisaxe”, sinalan desde a Consellería.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información