O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar este venres as cotizacións desta semana na UE, nas que continúa a tendencia á baixa das últimas semanas:
-Manteiga: 454 €/100 kg, -1,0 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 228 €/100 kg, -1,3 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 339 €/100 kg, -0,6% ,,
-Queixo cheddar: 358 € /100 kg +0,1%
En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal subasta internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu a súa poxa desta semana cunha importante baixada dos produtos lácteos do 7,4%. Así, houbo unha caída do 10,9% no leite en po enteiro, o desnatado depreciouse un 5,2% respecto á última poxa; a cotización da manteiga caeu un 3,0%, mentres que, pola contra, o queixo revalorizouse un 5,8%.