Unións Agrarias anuncia un acordo con Naturleite para non baixar o prezo en orixe

Zona de descarga de los camiones que recogen la producción a las 118 ganaderías proveedoras de Naturleite en la provincia de Lugo

Zona de descarga de los camiones que recogen la producción a las 118 ganaderías proveedoras de Naturleite en la provincia de Lugo

Unións Agrarias anuncia que ten acadado o compromiso explícito de Naturleite de manter o prezo que paga aos gandeiros polo leite que recolle.

A industria láctea, propiedade da cooperativa andaluza COVAP e cunha planta en Meira (Lugo) dende a que recolle leite a máis de 120 explotacións, é a primeira á que lle toca renovar os contratos (en xullo) polo que o que faga marcará o camiño do resto de industrias.

A oferta que ten presentada é de 40 céntimos de base máis as primas (1 céntimo por benestar e medio ambiente e outro por calidade hixiénico-sanitaria), o que suporía unha baixada de 4 céntimos respecto ao contrato actual (44 céntimos de prezo base máis 2 de primas), pero tralos contactos mantidos nos últimos días coa organización agrogandeira, a láctea recoñece que neste momento non existen razóns que xustifiquen unha baixada das tarifas, que se compromete a non recortar nos vindeiros meses. Está por ver que efecto ten sobre o resto das industrias lácteas.

Neste sentido, dende Unións Agrarias celebran “unha posición que agardamos sirva de exemplo e precedente para as demais industrias lácteas que operan en Galicia”, polo que fai un chamamento para que as dúas lácteas que acaparan o maior volume de recollida de leite na Comunidade “recapaciten e sigan o camiño de Naturleite”. Así , a organización agraria anuncia que nos vindeiros días tentará negociar con Lactalis e Central Leiteira
Asturiana “para frear o recorte de prezos anunciado para a renovación de contratos de agosto”, tal e como xa adiantou Campo Galego.

Ademais, a organización volve facer un chamamento á Xunta de Galicia para que “se involucre, interveña e presione ás lácteas para garantir unhas relacións xustas e equilibradas da cadea alimentaria no sector”.

O prezo que as granxas galegas cobran por litro de leite sitúase nos 0,4630 €. Unha tarifa que, de saír adiante a nova rebaixa anunciada polas industrias para a renovación de contratos de agosto, apenas superaría os 44 céntimos/l; moi por debaixo dos 48,8 nos que se sitúa a media española e máis aínda dos 53,4 que perciben os gandeiros asturianos. A situación é peor para as granxas con menor volume de entregas, pois “están a percibir 40,54 céntimos/litro e, de perpetrarse a nova baixada, situaríanse por debaixo de custos de produción”, advirten dende UUAA.

Por último, dende a organización agraria lembran que “as calidades de graxa e proteína do leite de Galicia son as mellores de todas as comunidades autónomas con maior vocación leiteira. Pola contra, a maioría dos contratos en vigor son de curta duración e a prezo fixo: o 91 % teñen unha duración inferior a 6 meses (o 6% < 3 meses e o 85% entre 3 e 6 meses).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información