A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Coidar o rume das vacas na fase de transición, un investimento rendible

Crystalyx deseñou dous suplementos nutricionais para apoiar as necesidades das vacas secas e en arranque de lactación, o ‘Precalver’ e o ‘Cattle Booster’

Coidar o rume das vacas na fase de transición, un investimento rendible

Lote de vacas secas. / Arquivo.

A alimentación das vacas no período de transición, é dicir durante parte do período seco e preparto (normalmente 21 días previos ao parto), así como durante o post-parto, resulta de vital importancia para asegurar un bo arranque en lactación.

O éxito da transición depende dunha elevada inxesta de materia seca (MS) durante o período seco para:

  • Minimizar os problemas de saúde.
  • Maximizar a produción e reprodución.

Debemos ter en conta que durante o período seco e preparto o espazo do rume vese reducido. É recomendable investir en previr a cetose, unha enfermidade metabólica que se produce como consecuencia dun trastorno no metabolismo dos hidratos de carbono e das graxas.

A maioría dos trastornos prodúcense durante as semanas posteriores ao parto, cando as esixencias son máximas na produción de leite e pódese producir un desequilibrio entre a inxesta de enerxía e a produción de leite.

A forma dixestiva leve ou hiporéxica caracterízase por unha perda do apetito: deixan de comer o concentrado e unicamente inxeren a herba seca e con frecuencia a palla da cama.

Existen diversos factores que poden ocasionar a cetose, pero un elemento común é a hipoglucemia. O organismo da vaca utiliza entón as graxas para proporcionar a enerxía necesaria e ao queimar estas en exceso, aparecen grandes cantidades de corpos cetónicos. Este proceso dana a funcionalidade dun órgano vital; o fígado.

Asegurando unha boa inxestión e dixestibilidade de materia seca durante o período seco e preparto conseguimos previr:

• Cetose subclínica (2-3 L. diarios)

• Retención de placenta e metrite

• Problemas de fertilidade

Ademais, conseguimos tamén protexer o fígado da vaca, que sofre cando se producen os mencionados trastornos metabólicos (normalmente no período de transición).

Prevención e tratamento

Estimulando a microbiota ruminal conseguiremos incrementar o consumo de materia seca durante o período seco e preparto, preparando o rume e os seus microorganismos para o cambio de alimentación de período seco-preparto e arranque en lactación.

  1. Crystalyx Precalver é unha ferramenta de fácil uso, que aforra tempo e traballo e prevén problemas metabólicos no post-parto. Ademais:• Incrementa o consumo de materia seca (5-8%) así como a dixestibilidade da ración.• Axuda a alcanzar antes os picos de produción.

    • Contribúe a reducir as enfermidades post-parto e o uso de antibióticos, ademais de facilitar un mellor arranque da lactación.

    • Favorece a produción de saliva, que tampona o pH ruminal.

  2. Crystalyx Cattle Booster axuda ás vacas no arranque no lote de post-parto, especialmente interesante nos meses de estrés térmico.

    Cattle Booster está especialmente indicado para meses de estrés térmico

    Estabiliza os procesos metabólicos do animal, sobre todo en situacións de estrés e compensa déficits individuais de nutrientes e minerais, evitando a pica (lambido de esquinas, oríns etc.).

    Ambos os suplementos nutricionais suminístranse en formato cubo (22,5 e 80 Kg.) e calcúlase un consumo medio por animal de 150-250 gramos.

  • Para máis información visite a nosa web: www.crystalyx.es
  • Contacto: Tel. 606 644 263 / alfonso.cabria@crystalyx.es

crystalyx cetose 660

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *