O 9º Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade “VINIS TERRAE” acollerá a vindeira semana diversas sesións formativas centradas nas estratexias de comercio online no sector do viño ou a na necesidade de reinvención das empresas vitivinícolas. O evento celebrarase no Recinto Feiral Expourense (Finca Sevilla s/n – Ourense) e na organización colaboran a Fundación Juana de Vega e Vinis Terrae.
En concreto, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza dous talleres prácticos que se desenvolveran no Espazo Evega. Así, o luns 14 de xuño de 2021 en horario de mañá celebrarase un un taller práctico sobre “AS TIC COMO FERRAMENTAS DE XESTIÓN E MÁRKETING: INSTAGRAM”. As prazas dispoñibles son 10. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude:
O martes 15 de xuño de 2021 en horario de mañá celebrarase un taller práctico sobre “FERRAMENTAS E CLAVES PARA A REINVENCIÓN DAS EMPRESAS VITIVINÍCOLAS. ADAPTARSE PARA SOBREVIVIR”. As prazas dispoñibles son 10. O prazo de inscrición rematará o día 13 de xuño agás que se esgoten antes as prazas. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude:
As incricións remitiranse por correo electrónico a : evega.medio-rural@xunta.gal
E o mércores, 16 de xuño, impartiarase unha xornada formativa sobre “Comercialización do viño a través de canles dixitais”, en formato online/presencial, e impartida por Javier del Blanco, experto en comercio exterior e internacionalización.