374 agricultores galegos recibirán a partir desta semana axudas pola retirada de pataca

374 agricultores galegos recibirán a partir desta semana axudas pola retirada de pataca

Pataca danada pola couza guatemalteca

A partir desta semana comezarán a aboarse por parte da Consellería do Medio Rural as indemnizacións pola retirada de pataca nas zonas afectadas pola praga da couza guatemalteca, 31 concellos do norte das provincias da Coruña e de Vigo.

Está previsto que 374 agricultores aos que xa se lles revisaron os seus expedientes e cumprían os requisitos poidan cobrar as correspondentes compensacións. Deles, 241 corresponden á provincia de Lugo e os 133 restantes á da Coruña.

Así o confirmou a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, na comisión técnica de seguimento da couza guatemalteca da pataca, que se reunía o pasado venres por primeira vez e na que están representados, ademais da Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o Laboratorio Fitopatolóxico de Galicia e a Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia.

Consellería: “Os datos indican unha evolución favorable”

Neste encontro avaliouse o efectivo cumprimento da normativa establecida para a couza e, segundo destacan dende Medio Rural, “os datos que indican a súa evolución favorable”. Por parte da consellería confirmouse que continuará a vixilancia das zonas infestada e tampón, así como as principais áreas produtoras de pataca en Galicia. De feito, hai instaladas máis de mil trampas por todo o territorio galego para facer un seguimento permanente da situación.

O prazo para solicitar as indemnizacións remata o 30 de setembro

Respecto ás indemnización polos tubérculos entregados, faranse en función dos baremos establecidos polo tipo e os quilos de tubérculo entregado, tal e como establece a lei. Polo tanto, as patacas de semente pagaranse a 0,70 euros o quilo, a de consumo (pataca vella) a 0,30 euros e a arrincada das zonas infestadas a 0,40 euros o metro cadrado de superficie plantada.

O prazo para solicitar as indemnizacións remata o 30 de setembro e a orde de axudas está dotada con 250.000 euros, que se incrementaría no caso de que fose necesario para que todos os afectados queden cubertos.

En Galicia, nos 31 concellos declarados zona infestada pola couza guatemalteca da pataca, foron declaradas máis de 8.000 parcelas de 6.520 propietarios, ademais de 15 almacéns. Nestes case dous meses de traballo, a consellería recolleu e destruíu 303 toneladas de pataca dos particulares, dos cales 203 toneladas correspóndense aos tubérculos levantados nos municipios da provincia de Lugo e 100 aos concellos da provincia da Coruña. Ademais, a esta cifra hai que sumarlle preto de 50 toneladas máis procedente de almacéns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información