300 persoas inscritas para asistir a Piñeiros 23, o evento de referencia na cadea monte industria de coníferas

A terceira edición do encontro, organizado pola Fundación Arume, abordará o próximo martes 10 na Cidade da Cultura as últimas novidades en construción en madeira e na mellora xenética do piñeiro radiata

300 persoas inscritas para asistir a Piñeiros 23, o evento de referencia na cadea monte industria de coníferas

Participantes nunha das mesas redondas da pasada edición Piñeiros 22.

Arredor de 300 persoas confirmaron xa a súa inscripción para asistir o próximo martes 10 de outubro a ‘Piñeiros 23’ (Cidade da Cultura, Santiago), un evento que na súa terceira edición se posiciona xa como un referente internacional na cadea monte industria de coníferas. Ás 300 persoas que estarán presencialmente no encontro, organizado pola Fundación Arume, hai que sumar ós asistentes online ó streaming, unha inscripción esta última que se mantén aberta.

Este terceira edición do encontro Piñeiros conta con tres bloques principais: edificios de baixo impacto con coníferas do sur de Europa; innovación e cooperación na mellora xenética do piñeiro radiata, e bioeconomía e madeira no espazo rural (moble, viño, arte e turismo).

O evento, que se celebrará o 10 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, contará tamén cunha conferencia de apertura a cargo do recoñecido arquitecto David Chipperfield, fundador e presidente da Fundación RIA.

É de destacar ademais que a edición 2023 de Piñeiros, a terceira, daralle especial protagonismo a Euskadi, un dos territorios do arco atlántico europeo que é referente no manexo silvícola e no aproveitamento industrial do piñeiro radiata.

Coa inclusión de Euskadi no programa, séguese a liña iniciada o pasado ano, cando fora o sector forestal e da madeira de Portugal o convidado especial de Piñeiros, con investigadores, empresas e outras entidades do país veciño.

Piñeiros 23 está cofinanciado pola Axencia Galega da Industria Forestal. Detállase o programa completo a continuación.

PROGRAMA PIÑEIROS 23

Data: 10 de outubro de 2023.
Hora: de 08:45h a 17:00h
Ubicación: Edificio Fontán (Cidade da Cultura – Santiago de Compostela).

PROGRAMA:

08:45h – Recepción e acreditación de asistentes.

09:30hApertura.
• José Carballo, presidente da Fundación Arume.
• Federico Saiz, presidente de Baskegur.
• Representante institucional da Xunta de Galicia.

10:00h Conferencia. David Chipperfield, fundador e presidente da Fundación RIA. Máis que unha economía.

10:30h Edificios de baixo impacto con coníferas do sur de Europa.
• Moderadora: Lara Méndez, alcaldesa do concello de Lugo.
• Daniel Ibáñez, director do Instituto de Arquitectura Avanzada de Cataluña. Edificio Terrazas para la vida de Barcelona.
• Germán Velázquez, socio do estudo de arquitectura Varquitectos. Proxecto nova sede de NaturKlima en San Sebastián.
• Ivet Gasol, socia fundadora de Cierto Estudio. Illa Glòries, Barcelona.
• Alex de Rijke, socio fundador do estudio dRMM. Proxecto Wellness Hotel en Nazaré (Portugal).

12:00h – Pausa café.

12:30h – Innovación e cooperación en mellora xenética de Pinus radiata.
• Moderador: Ricardo Alía, profesor de investigación do Instituto de Ciencias Forestais (ICIFOR-INIA-CSIC).
• Juan Majada, director do Centro Tecnolóxico Forestal e da Madeira de Asturias (CETEMAS).
• Francisco Lario, responsable de investigación de TRAGSA-Maceda.
• Javier Herrero, investigador do Instituto Vasco de Investigación e Desenvolvemento Agrario (NEIKER).

13:45h – Pausa para refrixerio.

15:15h – Bioeconomía e madeira nun espazo rural resiliente: moble, viño, arte e turismo.
• Moderadora: Genoveva Canals, coordinadora de UNEmadera.
• Enrique Arrillaga, fundador de Muebles LUFE.
• Florence De Kimpe, directora de marketing de Lafite Rothschild.
• Frank Buschmann, artista do moble.
• Jorge Martínez, CEO e fundador de Suites Nature.
• Mercedes Rois, directora da Área de Innovación Forestal da Axencia Galega da Industria Forestal. Bosques resilientes para a sociedade. Proxecto RESONATE.

17:00 – Acto de clausura. Ánxeles Vázquez Mejuto, Vicepresidenta Segunda e Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información