A actual coxuntura arredor da protección do lobo está creando unha serie de debates e toma de decisións que enfrontan diferentes sensibilidades. Esta idea está detrás da creación da xornada que se celebrará o día 20 de outubro na Casa das Ínsuas, no Concello de Rábade.
A reunión contará con intervencións de expertos no tratamento de medidas preventivas para a protección de vacas, cabras e ovellas. Buscarase coñecer máis sobre o lobo, a súa presenza en Galicia, como se pode convivir con el en Galicia e, para finalizar, visitaranse exemplos de peches de pastos para gardar o gando.
O lugar será a Casa das Ínsuas, en Rábade.
Programa:
• 10:00-10:15 h – Recepción de asistentes
• 10:15-10:30 h – Presentación das xornadas Santiago Crecente – AGACAL
• 10:30-10:45 h – O lobo en Galicia Óscar Rivas – AGCT
• 10:45-11:00 h – Medidas preventivas contra o lobo, que sabemos? José Vicente López Bao – Fundación Universidade de Oviedo
• 11:00-11:15 – Presentación do proxecto Joan Alibés Biosca – Beealia
• 11:15-11:45 – Resultados do proxecto Luis Llaneza Rodríguez – ARENA
• 11:45-12:45 – Intervencións das ganderías participantes
• 12:45-13:30 – Coloquio co público
• 13:30-14:30 – Visita a peches experimentais
• 14:30 – Xantar
Contacto: santiago.crecente.campo@xunta.gal, teléfono: 650594571