A Xunta convoca axudas para a contratación de pastores

Publicidade

Administración convocante: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Venda

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230512/AnuncioG0532-270423-0001_gl.html

Prazo: Ata 13/06/2023

Resumo:

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas para cubrir os custos derivados da contratación de persoas coidadoras do gando en gandarías, como medida de prevención dos danos que poida ocasionar o lobo, e se convocan para os anos 2023 e 2024.

Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.

As axudas concedidas ao abeiro desta orde serán financiadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cun importe total de cento setenta e dous mil douscentos trinta e tres euros (172.233,00 €), coa seguinte distribución por anualidades: 86.116 euros no 2023 e a mesma cantidade no 2024.

Poderanse acoller a estas axudas os contratos que se formalicen a partir da data de entrada en vigor desta orde, ata o 30 de xuño de 2024. Será obxecto de axuda a actividade de pastoreo que se realice a xornada completa (40 horas semanais), con redución proporcional no caso de xornadas inferiores.

Ao comezar ou ao finalizar o contrato, de non alcanzar un mes completo, ratearase a subvención segundo os días de actividade de pastoreo e manexo do gando efectiva.

Deberanse indicar en todos os casos os terreos onde se van desenvolver as actividades de pastoreo para as cales se solicita a subvención.

A axuda poderá acadar o 100 % dos gastos subvencionables e fíxase un importe máximo de 18.000,00 euros de axuda, por persoa beneficiaria.

Sen superar a porcentaxe anterior, a axuda máxima será de 1.500 euros por persoa e mes de pastoreo a xornada completa. Nos casos dunha duración inferior ao mes ou dunha dedicación inferior á xornada completa, o importe reducirase de forma proporcional á duración do contrato e á dedicación, cun límite de 9 €/hora efectivamente traballada.

Subvencionarase o investimento na contratación de persoa coidadora do gando. O número de contratacións por solicitante será dunha persoa coidadora de gando.

Se por causa xustificada o importe final dos gastos fose menor do que se considerou subvencionable, o pagamento será minorado na porcentaxe que corresponda.

Non será causa de incremento da axuda que o importe final dos gastos sexa superior ao tomado en consideración para a concesión desta.

O prazo de presentación das solicitudes de axuda será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG); é dicir, até o 13 de xuño.

Por último, fontes do sector critican que a Consellería de Medio Ambiente non os tivera consultado para esta liña de axudas, que consideran que non se adapta á realidade da situación actual da gandería en Galicia.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información