Xornadas formativas en Ourense sobre os aspectos prácticos da normativa forestal

Ourense, O Barco de Valdeorras e O Bolo acollerán durante este mes de xuño tres charlas sobre a lexislación vixente en materia de xestión da biomasa, permisos de queima, repoboacións forestais, cortas de madeira e cambios de uso do monte

220427 Chan Covelo_MONTE PLANTACION PIÑEIROPara este ano 2022 o Servizo de Montes de Ourense da Consellería do Medio Rural ten previsto desenvolver por distintas localidades da provincia 15 charlas informativas sobre os aspectos prácticos da normativa forestal e a súa aplicación por parte dos propietarios dos montes.

O obxectivo destas actividades é achegar á poboación do medio rural como lle afecta a normativa vixente en materia de montes e prevención de incendios forestais, centrándose nos procedementos máis habituais que a maioría dos habitantes de aldeas e pobos van a necesitar nalgún momento.

Así, no programa inclúense, entre outros, os seguintes temas:
– obrigas de xestión da biomasa para prevención de incendios
– usos do lume e permisos de queima
– actividades en terreos queimados
– repoboacións forestais
– aproveitamentos de madeira
– cambios de actividade

As tres primeiras charlas terán lugar durante este mes de xuño en Ourense, O Barco de Valdeorras e O Bolo:

  • OURENSE: Mércores, 22 de xuño, de 16:30 a 20:30 h, no Salón de Actos do Centro ISSGA (Rúa Villaamil y Castro, s/n)
  • O BARCO DE VALDEORRAS: Martes, 28 de xuño, de 16:30 a 20:30 h, na Casa grande de Viloira (Praza Ramón Otero Pedrayo, 11)
  • O BOLO: Mércores, 29 de xuño, de 16:30 a 20:30 h, na Biblioteca Municipal-Planta Baixa do Centro de Saúde (Rúa O Serro, s/n)

As persoas interesadas poden preinscribirse no seguinte enlace e para máis información pode chamarse ao número de teléfono 988386706.

Estas accións están aprobadas dentro do plan de formación continua de AGACAL e organizadas polo Servizo provincial de Montes de Ourense en colaboración cos distritos forestais da provincia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información