Xornada teórico práctica sobre a elaboración de queixos

A Aula de Produtos Lácteos acolle entre o 29 e o 31 de maio un curso dirixido a abordar os principais fundamentos técnicos e hixiénicos que require o proceso

Publicidade
Data inicio: 29/05/2017
Data fin: 31/05/2017
Lugar: Aula de Productos Lácteos y Tecnologías Alimentarias (APLTA), Rúa Montirón, Lugo, España

A sede da Aula de Produtos Lácteos (Universidade de Santiago), ubicada en Lugo, acollerá entre o luns 29 e o mércores 31 de maio un curso teórico práctico sobre a elaboración de queixo láctico / enzimático. A actividade diríxese a cuestións como explicar a importancia dos diferentes compoñentes do leite desde o punto de vista químico e microbiolóxico.

No curso, abordarase tamén a mecánica de coagulación do leite e a importancia dos factores asociados, e transmitiranse as operacións de limpeza requeridas para garantir a hixiene.

A actividade ten un prezo de 180 euros. O programa completo das xornadas é o seguinte:

Luns 29
9-11 horas: Composición físico química e microbiolóxica do leite.

11-14 horas: Fundamentos da tecnoloxía queixeira.

15.30-17.30: Tecnoloxías específicas de fabricación de queixos.

Martes 30
9-17.30 h: Elaboración de queixo láctico e enzimático.

Mércores 31
9-11 h. Acondicionamento e envasado de queixos elaborados.

Máis información e contacto para a inscripción.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información