Xornada técnica sobre conservación da pataca

Publicidade

O Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense, dependente da Consellaría do Medio Rural, ten previsto realizar o vindeiro 30 deste mes en Xinzo de Limia unha xornada técnica sobre conservación da pataca.

A formación, que leva por título “Actividade informativa sobre illamento, climatización de almacéns de pataca e conservación dos tubérculos”, impartirase na Casa da Cultura de Xinzo de Limia (Ourense) en horario de 09:00 a 13:00 horas.

O programa é o seguinte:

9:00 h Técnicas de cultivo que inciden na conservación da pataca – Estela Ortiz De Landazuri- Cooperativa La Rioja Alta

10:30h Condicións de uso de hidrazida maleica 18% (SUPER- STOP-BROT 18) – Juan Giralt Thovar – PAMENA SL

11:05 h Condicións de uso de 1,4 dimetilnaftaleno 98% DMN (1,4 SIGHT) – Carlos J. García Ladrón – AGROFIELD SL

11:40 h Condicións de uso do aceite de menta 94,9% (BIOX-M) – Miguel Martínez Bartolomé – CERTIS EUROPE

12:15 h Condicións de uso do aceite de laranxa 843,2 HN (ARGOS) – Vicente Muñoz Colmenares – UPL IBÉRICA

12:50 h Rolda de preguntas

A inscrición á xornada é obrigatoria e gratuíta, mediante a presentación dunha solicitude que será enviada ao Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense ou enviada ao correo electrónico sea.cmrm.ourense@xunta.gal Máis información no telévono 988 386 571

XORNADA CONSERVACION PATACAEsta actividade foi aprobada no Plan de Transferencia Tecnolóxica para o agro galego 2021, e cofinanciada polo FEADER nun 75%.

Descarga aquí a solicitude

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información