Data inicio: 22/10/2020
Data fin: 22/10/2020
Lugar: Xunta De Galicia - Edificio Administrativo - Lugo, Ronda da Muralla, Lugo, España
O Distrito Forestal XI Lugo–Sarria organiza unha xornada sobre sanidade forestal o xoves 22 de outubro. No curso abordaranse doenzas e pragas das principais especies forestais con presenza en Galicia como as coníferas, o castiñeiro, o carballo e o eucalipto.
A sesión terá lugar no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en horario de 16.00 a 20.00 horas. O taller será impartido polo fitopatólogo Pedro Mansilla, que liderou durante máis de 30 anos o traballo da Estación Fitopatolóxica de Areeiro (Pontevedra).
Esta acción está aprobada dentro do plan de formación do agro galego 2020 (2020/170) e está cofinanciada con fondos europeos. A xornada está dirixida a persoas propietarias, titulares ou xestoras forestais. Os interesados en participar no curso deberán presentar as solicitudes no distrito de Lugo ou no enderezo electrónico pilar.vega.alonso@xunta.gal.
-Descarga aquí o modelo de solicitude.