O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) organiza o vindeiro venres, 25 de novembro, unha xornada técnica baixo o titulo “Melloremos a sostibilidade das explotacións con boas prácticas na xestión do xurro”.
A formación impartirase tanto de forma presencial como online e está dirixida principalmente a gandeiros de vacún ou persoas con expectativas de incorporación, interesados en coñecer as prácticas na aplicación de xurros que incrementan a eficiencia na utilización dos nutrientes, diminúen o impacto ambiental e melloran a saúde/fertilidade dos solos.
O programa é o seguinte:
10:00h-10:15h Presentación da Xornada. José Luis Cabarcos Corral-Director do AGACAL. Abelardo Nimo Silva-Director do CIAM.
10:15h-10:45h Proxecto de Real Decreto de xestión sostible nos solos agrarios. Cálculo das necesidades de nutrientes dos cultivos forraxeiros coas ferramentas RAX. Mª Isabel García Pomar -Investigadora do CIAM-AGACAL.
10:45h-11:15h Xestión ambiental da fertilización orgánica. Jesús Martínez Martínez – Técnico do Servizo de Avaliación Ambiental.
11:15h-12:00h Xestión de xurros no Norte de Portugal. Problemática medioambiental. Henrique Trindade – Professor da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro.
12:00h-12:30h Descanso. Café
12:30h-13:15h Posibilidades de redución da pegada de carbono en explotacións de leite reciclando o xurro xerado nas explotacións. Simulacións de cultivos e rotacións co modelo DairyCant. Gregorio Salcedo Díaz -Profesor do CIFP La Granja. Cantabria.
13:15h-13:45h Fertilización de cultivos forraxeiros con xurros. Resultados da investigación no CIAM. Dolores Báez Bernal – Investigadora do CIAM-AGACAL.
13:45h-15:00h Mesa Redonda “A xestión dos xurros na nova Política Agraria Comunitaria” Moderador: Juan Castro Insua – Investigador do CIAM-AGACAL
Intervenientes: Fernando Cardoso – Secretario-Geral de FENALAC (Oporto); Henrique Trindade- Professor da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro; Jesús Martínez Martínez – Técnico do Servizo de Avaliación Ambiental; Técnico da Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
As solicitudes de inscrición pódense descargar da páxina web www.ciam.gal e deberanse remitir por correo electrónico a ciam.cmr@xunta.gal Indicar na parte superior da solicitude se a asistencia á xornada será “Presencial” ou “Telepresencial”.
Admitiranse solicitudes ata as 12:00 h do día 24 de novembro.
Descargar solicitude de inscrición
Esta xornada está realizada no marco do Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2022, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de galicia 2014-2020.