Xornada online «Pasteiros como sumidoiro de carbono» o 1 de xuño

Xornada online «Pasteiros como sumidoiro de carbono» o 1 de xuño

O proxecto GO-GRASS, no que participa a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), organiza, o 1 de xuño, a xornada online «Pasteiros como sumidoiro de carbono», no marco da Semana Verde Europea (EU Green Week).

A Semana Verde da UE é unha oportunidade anual para debater a política ambiental europea cos responsables políticos, os principais ambientalistas e as partes interesadas de Europa e máis aló. A edición deste ano céntrase no Pacto Verde Europeo, a estratexia de crecemento sustentable e transformador da UE para unha Europa climáticamente neutra e eficiente no uso dos recursos para 2050.

Con motivo da Semana Verde da UE 2022, que se centra no Pacto Verde Europeo, o proxecto GO-GRASS arroxará luz sobre como o aumento dos pasteiros e o secuestro de carbono están a xerar beneficios para a biodiversidade, a neutralidade climática, a economía circular e a calidade da auga.

A inscrición á xornada, que terá lugar o 1 de xuño de 14:00 a 16:00h, pode realizarse cubrindo este formulario: https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_x6vb2D6WSYmCZ_kJhBcDVg

O evento presentará prácticas e recursos que poden fomentar o despregamento da agricultura de carbono vinculada a prácticas de xestión sustentable de pasteiros e sistemas agroalimentarios circulares en Europa, ademáis de brindar a oportunidade a empresarios, organizacións de agricultores, responsables políticos, investigadores, redes rurais e outras partes interesadas locais e europeas de descubrir modelos comerciais circulares baseados en pastos cun alto potencial de replicación e solucións para a eliminación de carbono.

GO-GRASS

O proxecto GO-GRASS propón unha alternativa á economía europea reducindo a cantidade de importacións dalgúns materiais crus críticos, incluídos nutrientes como o fósforo e mesmo proteínas.

Ao redor do 21 % da superficie total da UE está cuberta por pasteiros, o que converte a xestión destes nunha actividade relevante para o mantemento dos agroecosistemas e as economías rurais. Con todo, a maior parte deste recurso déixase sen utilizar. Para desbloquear este potencial, o proxecto GO-GRASS de Horizonte 2020 está a apoiar a produción de produtos sustentables a base de pasto que substitúen as alternativas existentes baseadas en fósiles, como fertilizantes ou envases de plástico. Para iso, téñense en consideración todas as circunstancias sociais, económicas e ambientais nas áreas rurais.

Máis información sobre GO-GRASS na súa páxina web: https://www.go-grass.eu/es/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información