Xornada informativa sobre as axudas dos fondos Next Generation para o sector agroalimentario

ABANCA celebrará mañá xoves, 16 de xuño, en Santiago de Compostela unha xornada divulgativa sobre as claves que ofrece o PERTE (Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica) agroalimentario para as empresas do sector. O evento abordará as oportunidades para impulsar a modernización, a sostibilidade e a dixitalización da cadea de valor.

Para seguila de maneira presencial rógase confirmación de asistencia a través do correo electrónico comunicacion@abanca.com.

Para seguila de maneira dixital é necesario realizar inscrición previa:

https://abanca.zoom.us/webinar/register/WN_fwFNHfwCQMOocaHlpBUxRA

DATA:
16 de xuño de 2022

HORA:
16.30 – 18.00 horas

LUGAR:
Centro ABANCA Obra Social (Praza de Cervantes, 17), Santiago de Compostela

INTERVEÑEN:

-Mónica Gondar Álvarez, directora Next Generation ABANCA. Presentación.

-César Cantalapiedra López, socio director de finanzas públicas de Analistas Financieros Internacionales (AFI): “Contexto actual do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Cadro de mando e convocatorias 2022”.

-Andrés Montero Aparicio, Unidade de Seguimento do PRTR no Gabinete de Presidencia do Goberno: “O sector agroalimentario no contexto do Plan de Recuperación”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información