O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra-Courel, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, organiza o vindeiro 19 de maio, venres, unha xornada técnica en Monforte de Lemos sobre “As enfermidades do viñedo: Estratexias de protección razoada”.
A formación correrá a cargo de expertos de renome nacional no estudo das principais enfermidades fúnxicas que afectan ao viñedo en Galicia (mildeu, oídio e black rot, así como enfermedades de la madera), como Pedro Mansilla, Rosa Pérez Otero, Alfonso Lucas Espadas ou Nuria de Prado.
A xornada celebrarase no Salón de reunións do Restaurante Manuel Bistró (Monforte de Lemos) a partir das 18:00 horas.
Aforo limitado. Necesaria previa inscrición a través do código QR ou no seguinte enlace: https://forms.gle/ffoSrKTdM3BmBDRP7
Velaquí o programa da xornada: